Actualidade
Buscador de novas
A Xunta estende o ensaio clínico Sincigal ás residencias sociosanitarias para avaliar a diminución de hospitalizacións de adultos polo virus respiratorio sincitial
Desde hoxe e de forma progresiva, comézase a ofrecer a participación no estudo nas residencias das sete áreas sanitarias, empezando por 50 delas
O xerente do Servizo Galego de Saúde destaca a atención integral que o Hospital Público Álvaro Cunqueiro prestará aos pacientes con fibrose quística
O hospital vigués contará cunha consulta multidisciplinar na que profesionais dos ámbitos da pneumoloxía, a endocrinoloxía e o aparello dixestivo atenderán aos pacientes de forma conxunta
A Xunta subliña o papel da Real Academia de Medicina de Galicia na promoción do estudo e dunha investigación traslacional de alto nivel
O titular de Sanidade destaca a incorporación ao ámbito asistencial das achegas dos profesionais premiados pola Real Academia
A Xunta licita por 1,4 M€ solucións informáticas de análise médica de apoio ao diagnóstico en distintas especialidades
Con esta iniciativa, dotarase o sistema sanitario de solucións automatizadas baseadas en algoritmos de intelixencia artificial para o procesamento de imaxe diagnóstica, dando apoio ao persoal clínico
Gómez Caamaño reafirma a aposta de Galicia por situarse á vangarda da oncoloxía de precisión co impulso da excelencia dos seus grupos de investigación
O esforzo investigador dos profesionais compleméntase con proxectos estratéxicos e pioneiros da Xunta, como o Centro de Protonterapia, que situará Galicia como a primeira comunidade de España en ofrecer este tratamento na sanidade pública
A Xunta fai unha serie de recomendacións á poboación polas baixas temperaturas que se agardan nestes días
O Goberno galego lembra as principais actuacións para evitar ou reducir o impacto negativo no organismo, especialmente na poboación máis vulnerable
Gómez Caamaño destaca os resultados do plan de mellora da incapacidade temporal da Xunta, coa revisión de 107.500 procesos que motivou 26.000 altas
Subliña que o obxectivo é lograr que os procesos de baixa laboral sexan máis eficientes tanto para o paciente como para o facultativo que a prescribe, así como para o sistema público que financia a prestación
A onda epidémica de gripe segue a rexistrar unha intensidade baixa e tendencia decrecente
Respecto da semana anterior, a taxa de consultas por gripe descendeu un 35,1 %
A Xunta licita por 1,8 M€ as obras da nova área de cirurxía maxilofacial do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que se emprazará no Hospital Meixoeiro
Estará dotada con equipamento de última xeración e contará con 3 consultas, unha sala polivalente, unha sala de espera, unha sala de simulación, un despacho e unha sala cirúrxica
O virus respiratorio sincitial segue a incrementar a positividade e achégase ao 10 %
Na última semana rexistráronse 35 ingresos de persoas maiores de 60, dos cales 25 teñen máis de 80 anos