Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.136 novas da C. de Sanidade:

22/07/2025 | 09:14 | C. de Sanidade
21/07/2025 | 17:03 | C. de Sanidade

A Xunta inviste preto de 280.000 euros en mercar tres sistemas avanzados de visualización e tratamento endoscópico para cirurxía minimamente invasiva

O equipamento destínase a cirurxía torácica, a otorrinolaringoloxía e cirurxía xeral e outras especialidades na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

21/07/2025 | 15:56 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda sinala que o cupo que esixen os independentistas ocasionaría a Galicia un prexuízo económico similar ao custo de dous anos de prestacións de dependencia

Apunta que o informe presentado hoxe no Consello da Xunta “constata que a situación pon en perigo a prestación dos servizos básicos en Galicia"

21/07/2025 | 15:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta dedica máis de 1,3 M€ a ofrecer aos profesionais da Sanidade Pública o apoio da intelixencia artificial axilizar a elaboración de informes e desburocratizar o seu traballo

O presidente destaca que a Xunta probará, coas suxestións dos profesionais, solucións con IA xenerativa para ofrecer apoio aos traballadores á hora de codificar episodios de ingreso e elaborar informes de altas con propostas para validar ou retirar

21/07/2025 | 13:34 | C. de Sanidade

O Diario Oficial de Galicia publica o terceiro programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo das institucións hospitalarias do Servizo Galego de Saúde

Neste terceiro programa ofrécense 78 contratos, 52 para as especialidades que finalizan o período formativo no mes de xullo e 26 para as que rematen en setembro

21/07/2025 | 12:46 | C. de Sanidade
19/07/2025 | 11:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 3,8 M€ a redacción do proxecto e da dirección da obra da fase final do Plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

O contrato será asinado a finais deste mes de xullo ou principios de agosto, co fin de poder iniciar os traballos

18/07/2025 | 13:35 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta o compromiso de 85 concellos na loita contra o tabaco, que eleva ata 249 as praias galegas sen fume

O conselleiro felicita aos 48 municipios que hoxe reciben o diploma na categoría de ouro, por declarar todos os areais do seu concello como espazos libres de fume

18/07/2025 | 12:15 | C. de Sanidade
18/07/2025 | 09:51 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 90.000 euros o subministro de dous sistemas ecográficos para aos servizos de medicina física e rehabilitación e de medicina interna da área sanitaria da Coruña

O Servizo de Medicina Física e Rehabilitación utiliza a ecografía como soporte imprescindible na valoración e tratamento da dor musculoesquelética