Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 216 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

17/05/2026 | 19:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
02/05/2026 | 20:37 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

Fabiola García finaliza a súa viaxe institucional na América Latina cun gran encontro coa comunidade galega da Arxentina

Destacou as iniciativas pioneiras creadas para facilitar a conciliación familiar e que sitúan a comunidade como referente nesta materia

01/05/2026 | 20:07 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

Fabiola García enxalza “a gran familia” que constitúen os centros galegos na Arxentina

Pon en valor o importante traballo que desenvolven as comunidades galegas na promoción e difusión da nosa cultura, así como a súa contribución ao mantemento dos vínculos con Galicia

27/03/2026 | 12:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración
25/03/2026 | 11:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta salienta a colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela e co resto de centros galegos do país a prol da atención social da cidadanía do exterior

José González visitou a Oficina Social e o Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, ambos apoiados polo Goberno galego, destacando o seu papel esencial na atención directa á colectividade galega

20/03/2026 | 13:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta impulsará en Ecuador a proxección mundial do modelo galego de atracción de talento e consolidará os lazos coa colectividade residente en Venezuela

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, iniciará o martes en Caracas unha viaxe institucional orientada a coñecer de primeira man a situación e necesidades da comunidade galega asentada no país, que supera as 30.000 persoas

19/03/2026 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino

Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.006 persoas menos

14/03/2026 | 21:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda enxalza o labor das comunidades galegas no exterior como as mellores embaixadoras do selo Galicia Calidade na diáspora

Felicita á asociación As Xeitosiñas polo seu 45 aniversario, destacando o compromiso da colectividade por manter viva a identidade galega a miles de quilómetros

19/02/2026 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon en valor o espazo común de circulación e cultura que levan construíndo durante séculos Galicia e Portugal

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na Universidade de Santiago (USC) na presentación das publicacións derivadas do ‘Coloquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal’

27/01/2026 | 11:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon en marcha unha nova edición de obradoiros para formar a máis de 2.000 persoas galegas no exterior

Desde hoxe e ata o vindeiro 26 de febreiro as arredor de 200 entidades galegas de toda Europa e América inscritas no Rexistro da Galeguidade poden solicitar estas achegas das que o DOG publicou esta semana a convocatoria deste ano