Actualidad
Buscador de noticias
Belén do Campo presenta o novo vehículo municipal de Porto do Son para a preservación do medio ambiente adquirido cunha axuda de 74.000 €
A delegada da Xunta explicou que a actuación realizouse ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) non competitivo, co obxectivo de apoiar ao concello na súa tarefa de erradicar vertedoiros incontrolados e garantir unha xestión responsable dos residuos
Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de taxis adaptados, de emisións cero ou eco
O delegado territorial subliñou que na última convocatoria foron doce os beneficiarios na provincia ourensá cun apoio da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de 90.000 euros co fin de apoiar a modernización e competitividade do sector do taxi, e ao mesmo tempo garantir a mobilidade sostible e a favorecer un transporte público accesible
A Xunta activa para mañá a alerta vermella por chuvia no interior de Pontevedra e laranxa en zonas da provincia de Ourense
Suspéndense as clases e o transporte escolar toda a xornada de mañá nos centros educativos e escolas infantís do interior de Pontevedra
A Xunta activa para mañá a alerta vermella por temporal costeiro no litoral da Coruña e Lugo e laranxa na costa de Pontevedra
Suspéndese a actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos afectados
A Xunta mantén mañá a alerta laranxa por temporal costeiro na Mariña Lucense e elévaa a vermella no litoral da Coruña e Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento informa favorablemente do Plan anual 2026 da cooperación galega
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, presidiu a reunión do organismo, na que tamén se fixo balance do Plan da Cooperación Galega do 2025, que foi executado ao 100%
A Xunta activa a alerta laranxa por nevaradas en zonas das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra e amplía a vermello o aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
Suspéndense as clases e o transporte durante toda a xornada de mañá nos centros educativos e nas escolas infantís de toda a provincia de Ourense e das zonas montaña, sur e centro de Lugo e interior de Pontevedra
A Xunta subvencionou con preto de 35.000 euros a rehabilitación das piscinas municipais de Campo Lameiro
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros