Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a CCDR-NORTE conmemoran hoxe o Día da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal cunha declaración institucional conxunta
A institución desta data é unha forma de recoñecer o legado histórico do primeiro protocolo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal en 1991, con resultados concretos que benefician a 6,2 millóns de habitantes desta Eurorrexión
A Xunta impulsa novas infraestruturas deportivas en Cedeira cunha achega de case 345.000€ a través da liña de apoio a proxectos estratéxicos
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións do club de natación da vila, onde adestran deportistas locais como o triatleta Damián Suárez, ao que felicitou polos logros no Mundial de Ácuatlon 2025
A Xunta defende na Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza unha maior implicación das rexións no próximo cumio ibérico
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presenta as prioridades galegas en mobilidade, cooperación en materia laboral e desenvolvemento territorial
A Xunta solicita reunión co novo coordinador europeo do Corredor Atlántico para abordar a necesidade de avanzar nesta infraestrutura estratéxica
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinala que o obxectivo de dito encontro é avanzar no desenvolvemento do mesmo, supervisando o cumprimento de prazos e asegurando que os investimentos se materialicen con urxencia e sen retrasos
A Xunta convoca dous cursos destinados a xefes, subxefes e mandos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil
A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá estas accións formativas, que se realizarán de xeito presencial nas instalacións da Academia no concello da Estrada
A Xunta aproba a revisión da composición e votos dos departamentos e seccións que integran o Comité Galego de Transporte por Estrada
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a revisión do organismo, do que forman parte 12 asociacións e federacións, oito delas en representación do departamento de transporte de viaxeiros e as catro restantes no de mercadorías
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal celebra o estado da cooperación transfronteiriza cun ‘Día da Eurorrexión’ dedicado á cultura
Jesús Gamallo, en representación da Xunta, destaca o éxito da cooperación co Norte de Portugal e pon en valor a cultura e as raíces comúns da Eurorrexión