Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.386 novas da área temática Comercio:

28/08/2026 | 11:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima na Estrada a apostar polo programa de Primeira experiencia profesional e polos seus novos apoios para formar aprendices en oficios artesanais

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais e o director xeral de Comercio e Consumo visitaron hoxe o obradoiro artesanal de xoiería Druída, beneficiario desta nova liña de 1 M€ coa que se prevé formar uns 50 aprendices en oficios tradicionais

26/08/2026 | 13:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o crecemento e a traxectoria consolidada da feira ‘Mostrart’ na divulgación do selo artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo visitou hoxe a 42ª edición da feira ‘Mostrart’, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio do Goberno galego e que permanecerá aberta ata o 30 de agosto nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña

22/08/2026 | 14:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aproveita a campaña ‘Fóra Stocks Boiro 2026’ para apostar por un comercio sostible de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo asistiu hoxe á xornada final da iniciativa da Asociación Boirense de Empresas (ABE), apoiada polo Goberno galego

21/08/2026 | 18:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a traxectoria da Feira de Stock do Carballiño e a boa acollida deste tipo de iniciativas de dinamización do comercio de promixidade nas vilas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu á Feira de Stock, impulsada por Carballiño Centro Comercial Aberto co apoio da Xunta e que se celebra desde hoxe ata o 23 de agosto, incluído

21/08/2026 | 12:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Os ingresos do sector hoteleiro galego medran o 5,8% nos sete primeiros meses do ano

Xullo pechou con 644.000 persoas aloxadas en hoteis e pensións da comunidade, que realizaron 1,3 millóns de noites e supuxeron uns ingresos só ese mes de 68,3M€

21/08/2026 | 10:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a variedade comercial dos locais rehabilitados e abertos ao público en Ribadavia no marco da iniciativa Vilas Vivas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou a localidade ourensá coa secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias 

19/08/2026 | 12:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Sanxenxo novas fórmulas de comercialización da Artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata a tenda efémera Summer Shop D-Due & Artesanía de Galicia, aberta ao público ata finais de mes