Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.337 novas da área temática Igualdade:

13/10/2026 | 15:14 | C. do Mar; C. do Medio Rural; C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dá luz verde aos textos dos Estatutos das mulleres do rural e do sector marítimo-pesqueiro, que entran na súa fase final de tramitación

O Consello do Goberno galego acordou o envío ao Consello Consultivo de ambos os documentos, que veñen desenvolver a Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia

12/10/2026 | 10:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Un cento de centros de Secundaria acollerán o programa da Xunta ‘Que non te líen, ti elixes’ a prol da elección profesional libre de prexuízos de xénero

Así o reflicte a resolución da primeira convocatoria deste programa autonómico para este curso publicada recentemente polo Goberno galego

11/10/2026 | 11:58 | C. de Política Social e Igualdade
09/10/2026 | 20:32 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita ao sector audiovisual galego polo seu compromiso coa igualdade de xénero e co talento feminino

Aposta por poñer en valor o traballo das profesionais do sector, “poñendo o foco nos eidos nos que as mulleres aínda teñen menos representación”

09/10/2026 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo coñece en Lousame o funcionamento e os recursos que ofrece o CIM móbil ás mulleres do rural

O CIM móbil ofrece unha atención integral e multidisciplinar e percorre distintos concellos para facilitar o acceso a estes recursos ás mulleres que viven no rural, así como para desenvolver labores de información e sensibilización

09/10/2026 | 12:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada os seus parabéns ao Chef Rivera e a Pierrette Armero por recibir a Medalla de Ouro da Fundación Amigos de Galicia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, celebrou a traxectoria profesional e o compromiso social dos galardoados

08/10/2026 | 12:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na mesa local de coordinación contra a violencia de xénero da mancomunidade de Ordes

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, agradeceu o traballo dos concellos para combater esta lacra

08/10/2026 | 11:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Delegación da Xunta en Lugo acollerá o 18 de novembro unhas xornadas sobre violencia dixital organizadas por Alar Galicia

O delegado territorial, Alfonso Villares, e o director da entidade, Fernando González, presentaron o encontro, no que diferentes profesionais analizarán o acoso e a ciberviolencia, a súa incidencia nas redes sociais e os recursos de intervención

06/10/2026 | 12:35 | C. de Política Social e Igualdade

Publicada a resolución das axudas para apoiar a rede de centros de información á muller, formada por 84 recursos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle as achegas concedidas, que suman un total de cinco millóns de euros