Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.386 novas da área temática Comercio:

06/06/2026 | 13:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma en Chantada o seu impulso á experimentación con fibras vexetais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe as persoas participantes no curso de cestería experimental que imparten os cesteiros daneses Jette Mellgren e Jan Johansen, especializados en aplicar a cestería ao paisaxismo

05/06/2026 | 20:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia pon en valor a aposta da Shopping Night do Centro Comercial Aberto Ourense Centro por vincular ocio e consumo local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiron hoxe á iniciativa apoiada polo Goberno galego no marco das axudas aos centros comerciais abertos, dotadas con 2,5 M€

05/06/2026 | 14:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta premia en Narón as persoas consumidoras implicadas na campaña ‘Merca no teu comercio’ a prol do consumo local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron na entrega de tarxetas regalo realizada tras a iniciativa levada a cabo en colaboración coa Federación Galega de Comercio

05/06/2026 | 12:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta felicita á cesteira Idoia Cuesta por ser elixida a mellor artesá de vangarda na V edición dos premios do Círculo Fortuny

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañou a artesá afincada en Outeiro de Rei onte en Madrid, onde recibiu o galardón

05/06/2026 | 10:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dinamiza o centro histórico de Ribadavia a través de cursos de oficios artesanais no marco do proxecto Vilas Vivas

A Fundación Artesanía de Galicia organiza un curso de iniciación á marroquinería e dous de estampaxe sobre téxtil que se celebrarán os sábados 20 e 27 de xuño na Casa da Artesanía de Galicia

04/06/2026 | 20:13 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca a puxanza da Feira Abanca Semana Verde, coa maior participación expositiva en 19 anos, e reivindica o evento como un gran escaparate de Galicia

Salienta a evolución dos últimos anos a nivel de participación, internacionalización e profesionalización, “sen perder a súa esencia no sector primario”

04/06/2026 | 19:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa na homenaxe a Miguel Agromayor e agradece toda unha vida de compromiso co comercio da provincia

Os representantes do Goberno autonómico destacaron a súa capacidade de diálogo, a súa entrega a sector e o seu papel como referentes na defensa do comercio de proximidade

04/06/2026 | 13:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede á praza de abastos de Ribeira o selo de Mercado Excelente e eleva a cinco o total de instalacións dotadas con este distintivo en Galicia

No marco do compromiso autonómico coa ampliación da Rede de Mercados Excelentes e coa previsión de acadar as 25 prazas de abastos con este selo en 2030, a ribeirense súmase a unha lista na que xa se atopaban Tomiño, Vilagarcía, Pontedeume e Carballo

04/06/2026 | 12:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia celebrará sete cursos de formación en oficios artesanais durante o XIII Corazón da Artesanía de Agolada

A Fundación Artesanía de Galicia celebra do 3 ao 5 de xullo un novo Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, evento que foi recoñecido co Premio Promociona para Entidades Públicas nos Premios Nacionais de Artesanía 2023