Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 653 novas da área temática Transporte:

09/10/2025 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o servizo de autobús para o alumnado de Camariñas que acode ao IES Terra de Soneira en Vimianzo

A partir do próximo luns, 13 de outubro, comezará a funcionar unha nova oferta que garantirá a conexión do alumnado residente en Camariñas co instituto vimiancés

08/10/2025 | 17:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reclama ao concello de Lugo que deixe a confrontación e asuma a xestión do aparcamento da avenida de Breogán para a posta a disposición da cidadanía

O Goberno galego lamenta que tras poñerse en contacto onte o Concello coa Dirección Xeral de Mobilidade e amosar “boa vontade” para a recepción do parking, hoxe o alcalde, Miguel Fernández, se faga “unha foto reivindicativa” nun recinto que actualmente aínda é de titularidade da Xunta

07/10/2025 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insta a Aena a asumir de forma proactiva as súas competencias de coordinación e xestión aeroportuaria e abandonar a súa actitude de “deixadez de funcións

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, lembrou no Parlamento galego que son o Goberno central e Aena os que deben liderar o impulso dos aeroportos galegos sen pretender evadir as súas responsabilidades cara a outras administracións

03/10/2025 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide a Aena a creación dun grupo de traballo técnico no seo do Comité de Coordinación Aeroportuaria e que non se desentenda de exercer proactivamente as súas competencias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na reunión do Comité e lamentou que o encontro rematase por cuestións de axenda de representantes de Aena, o que demostra que este organismo “non se toma en serio” 

03/10/2025 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o servizo que conecta Fisterra, Cee e A Coruña con vehículos de maior capacidade

A partir do luns, 6 de outubro, comezará a utilizarse un autobús con máis prazas nos horarios con maior demanda

03/10/2025 | 10:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
01/10/2025 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia o proceso de sometemento a información pública do proxecto de explotación do transporte regular na comarca do Barbanza

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o redeseño do Goberno galego para que as persoas interesadas que o consideren oportuno poidan presentar alegacións

26/09/2025 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Goberno central acordan iniciar en outubro os encontros para avanzar no traspaso das competencias en aeródromos e permisos de traballo

Diego Calvo insistiu tamén na reclamación do Goberno galego en relación co rescate da autoestrada AP-9 e pediu información sobre o proceso e as alegacións presentadas polo Estado

25/09/2025 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta completa a mellora integral da estrada PO-234 que conecta os concellos de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade

O Goberno galego vén de finalizar os traballos no terceiro dos treitos nos que se dividiu esta mellora, entre Laxoso e o cruce de Portasouto en Ponte Caldelas, nos que investiu un millón de euros

24/09/2025 | 17:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta considera “deficiente ou case nula” a atención de Renfe ás persoas afectadas polos cortes ferroviarios durante a vaga de lumes

Segundo afirmou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes no Parlamento, “a información e as alternativas de traslado foron insuficientes e a tramitación das devolucións complicadísima”