Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.441 novas da área temática Agricultura e gandería:

17/05/2025 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta define ás Olimpíadas Rurais de Friol como elemento dinamizador social, cultural e económico do rural galego

A conselleira do Medio Rural participou esta mañá na presentación da segunda edición deste evento, onde lembrou o valor de preservar as tradicións e de desenvolver actividades de reclamo que atraian o interese sobre estas zonas

17/05/2025 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta garante o normal funcionamento da poxa da recría no mercado de Silleda e anima os gandeiros a levar os seus animais á feira do martes

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse cos compradores críticos co novo sistema dixital de traballo para escoitar as súas demandas

16/05/2025 | 15:46 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a xestión da solicitude única da PAC en Galicia está sendo este ano superior á dos exercicios anteriores

Juan José Cerviño subliñou que o número de solicitudes tramitadas este ano supera en máis de 800 as rexistradas na campaña pasada nestas mesmas datas

16/05/2025 | 15:39 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a importancia da formación no agro para acadar un sector primario eficiente e rendible

A conselleira do Medio Rural asegurou que a liña de traballo do Executivo autonómico pasa por apostar pola educación como un dos piares fundamentais para manter un rural vivo e sustentable

16/05/2025 | 14:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
16/05/2025 | 13:37 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel esencial de Unións Agrarias na defensa do rural galego e reafirma o compromiso da Xunta co sector

Reivindica a importancia de apoiar o asociacionismo agrario e do diálogo coa Administración

15/05/2025 | 18:32 | C. do Medio Rural

Belén do Campo participa nas festas patronais en honra a San Isidro Labrador en Rois

A festa contou, este ano, cun programa especial no que se rendeu homenaxe a Ramón e Clara Abalo polo seu traballo exemplar no cultivo e coidado das camelias

14/05/2025 | 15:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza Galega polo Clima incorpora ao grupo Froiz como socio e acada xa as 200 entidades adheridas

Ángeles Vázquez agradece o compromiso co medio ambiente da compañía, que pode inspirar e exercer un efecto tractor no tecido empresarial existente na contorna 

14/05/2025 | 15:26 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama que a nova PAC dispoña de recursos suficientes para seguir apoiando o sector primario

A conselleira do Medio Rural reuniuse en Bruxelas co director xeral adxunto en funcións da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea e director de Indicacións Xeográficas, Promoción e Investigación, Diego Canga