Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.437 novas da área temática Comercio:

09/10/2024 | 12:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o evento efémero de interiorismo ‘Creafogar’ para difundir o potencial da artesanía galega en todo tipo de proxectos

José González destacou a aposta pola suma de sinerxías entre as empresas participantes, vinculadas a produtos e servizos do fogar e ao sector da construción e entre as que tiveron un papel destacado 55 obradoiros de Artesanía de Galicia

06/10/2024 | 17:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Alacante o seu proxecto ‘Enredadas’ de fomento da diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

A Fundación Artesanía de Galicia colaborou en La Vila Vella 2024, un grande evento arredor do patrimonio etnográfico marítimo que se celebrou onte en Villa Joyosa

06/10/2024 | 11:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
05/10/2024 | 11:28 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reúnese co novo embaixador do Reino Unido en España

O presidente da Xunta mantén un encontro con Alex Ellis co obxectivo de reforzar a colaboración entre os dous territorios, incentivar as relacións comerciais e buscar novas oportunidades de investimento

04/10/2024 | 10:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Comezan os cursos de artesanía cos que a Xunta fomenta a remuda xeracional neste sector

A Fundación Artesanía de Galicia arrancou esta edición coas formacións de sombreirería e de xastrería na Academia Ana Prados en Santiago de Compostela

02/10/2024 | 18:41 | C. do Medio Rural

Medio rural celebrará mercados de artesanía alimentaria nas catro provincias galegas para promocionar as elaboracións dos artesáns

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión de traballo con empresas inscritas neste distintivo para coordinar e planificar estas actividades promocionais

02/10/2024 | 11:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a aposta das novas xeracións da artesanía galega pola adaptación ás novas tendencias para abrir novos nichos de mercado

José González puxo o obradoiro situado na Ribeira Sacra como exemplo de innovación e de remuda xeracional no marco deste sector tan importante para a nosa terra, ao ter avogado o fillo do matrimonio fundador por un novo concepto empresarial

01/10/2024 | 15:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo clausura o obradoiro de emprego de Rois de confección e publicación de páxinas web que contou cun investimento de máis de 408.000 €

Belén do Campo sinalou que estas iniciativas financiadas polo Goberno galego tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade