Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 272 noticias de la área temática Audiovisual:

24/01/2025 | 12:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta potencia coa marca ‘Concertos do Xacobeo’ o destino de Galicia como sede de grandes eventos musicais e de ocio

Kings of Leon, Bryan Adams, Duki e outros grandes grupos actuarán no marco do festival ‘O Son do Camiño’

16/01/2025 | 12:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

As axudas específicas da Xunta para o fomento de artistas galegos en festivais de música xeraron 32 contratacións en 2024

Foron 30 os grupos e solistas do país que se incorporaron ao FIV de Vilalba, The Wild Fest de Vigo, Murallón de Son de Silleda e Ateneo Barroco de Santiago de Compostela a través desta canle de apoio ás empresas ou asociacións promotoras

10/01/2025 | 13:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca 180.000€ en axudas ao asesoramento para novos proxectos audiovisuais a través de laboratorios, incubadoras e residencias

Poden solicitalas ata o 10 de febreiro empresas e asociacións que organicen este tipo de iniciativas en Galicia no período comprendido entre hoxe e o 1 de xullo de 2026

21/12/2024 | 11:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta contribúe á difusión internacional do audiovisual galego en 20 festivais e mercados de sete países

Distribúe 70.000€ a 24 produtoras para a promoción dos seus traballos en foros e mostras como a Mipcom de Cannes, Cinemart de Rotterdam, a Viennale de Viena ou o Festival de Locarno

16/12/2024 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca as axudas a festivais audiovisuais cun investimento de 300.000 euros

Publícanse no DOG as bases destas subvencións para o ano 2025, a través da que se contribúe á consolidación do circuíto galego de certames estratéxicos para o sector

07/12/2024 | 09:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 40 centros participarán este curso no programa ‘Cinema con perspectiva’ a prol da igualdade

O programa, en colaboración co Festival Internacional Cinema de Bueu, promove a reflexión sobre os estereotipos de xénero nas narrativas audiovisuais e incentiva ao alumnado a crear producións propias

02/12/2024 | 15:16 | A Presidencia da Xunta

A Xunta remite o proxecto de Lei de medios ao Parlamento para a súa tramitación

Rueda salienta que o obxectivo é adaptar a normativa “aos cambios que houbo nos últimos anos no audiovisual” e ao novo marco regulatorio estatal e europeo