Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza que o dispositivo de seguridade de ‘O Son do Camiño’ contará con máis de 1.300 efectivos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, visitan o recinto no que ademais mañá se constituirá o Posto de Mando Avanzado para coordinar o operativo en cada unha das tres xornadas do festival
A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur da provincia lucense
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia levanta 13 actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores en Burela
No marco do operativo, os axentes identificaron tamén 65 persoas
A Xunta realizou no primeiro semestre na Academia Galega de Seguridade Pública máis de 250 cursos con máis de 7.500 prazas para efectivos de forzas e corpos de seguridade e de servizos de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu o Consello Reitor da Agasp
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08.30 h. de hoxe
Estabilizado o incendio do concello lucense de Xermade, parroquia de Roupar, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 35 hectáreas
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19.30 h. de hoxe
Activo un incendio no concello lucense de Xermade, parroquia de Roupar, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada
Desactivada a situación 2 no incendio forestal de Boborás, parroquia de Moreiras
Esta situación operativa de emerxencia foi declarada onte domingo pola proximidade do lume ao núcleo de Vecoña
A Xunta desenvolve un novo e avanzado sistema de simulación de propagación de grandes incendios que permite anticipar o seu comportamento e apoiar a toma de decisións na súa xestión
Alfonso Rueda explica que o Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal), desenvolvido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dotará o operativo de loita contra o lume “a partir deste verán” dunha ferramenta propia con capacidade para “adiantarse á realidade, comparar distintos escenarios de evolución e avaliar as medidas de extinción”
A Xunta destina máis de 1M€ ás novas axudas aos concellos para a adquisición de equipamento destinado á prevención de lumes forestais
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe as bases reguladoras da iniciativa, destinada a localidades de ata 30.000 habitantes que poderán recibir un máximo de 30.000 euros por proxecto