Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.115 novas da área temática Formación:

20/04/2026 | 13:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 1 M€ na comarca do Barbanza para impulsar 13 cursos AFD dirixidos a mellorar a empregabilidade dos desempregados

A nova convocatoria 2026-2027 destas formacións conta con 60 millóns de euros, ten o prazo aberto ata o 30 de novembro, e aposta por unha formación máis flexible, dual e conectada co mercado laboral

19/04/2026 | 11:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Formación Profesional galega amosa esta semana o seu potencial de investigación e innovación aplicada na oitava edición de FP Innova

A Cidade da Cultura acolle do mércores ao venres esta cita da Xunta, que visitarán arredor de 10.000 alumnos de 181 centros e aberta ao público en xeral

16/04/2026 | 15:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta blinda o comedor escolar como referente de calidade con menús comúns e saudables adaptados por motivos médicos, pero non relixiosos ou ideolóxicos

Román Rodríguez explica que Galicia “ten feitos os deberes” grazas ás medidas “tomadas moito antes” de que o Goberno do Estado aprobara o novo real decreto

16/04/2026 | 15:11 | C. de Economía e Industria

Arranca en Santiago o Programa Executivo en Industria de Defensa en Galicia coa participación de 25 profesionais de diferentes sectores estratéxicos

A primeira sesión do Programa celébrase mañá venres, 17 de abril, na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e estará centrada nas estratexias nacionais de seguridade

15/04/2026 | 17:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os avances acadados polos proxectos participantes na aceleradora de economía social que acolleu o Polo de emprendemento de Vilanova

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde no ‘Demoday’ da aceleradora enmarcada no proxecto transfronteirizo ES-Factory, de cooperación Galicia–Norte de Portugal

14/04/2026 | 15:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destinou preto de 300.000 euros ás obras de rehabilitación do CPI de Navia de Suarna

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se melloraron as condicións de eficiencia enerxética e se renovaron dependencias interiores deste centro educativo que imparte as etapas de Infantil, Primaria e ESO

14/04/2026 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

O delegado territorial participa nas charlas formativas de educación cívico-tributaria da Xunta ao alumnado de primaria do CEIP de Guins en Melón

Manuel Pardo destacou que o obxectivo desta acción formativa é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e fomentar a conciencia fiscal colectiva da cidadanía desde idades temperás

13/04/2026 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 2,1 millóns de euros nos cursos AFD que se imparten na área de influencia do concello de Pontevedra

O delegado territorial visitou o centro sociocultural de Tenorio, onde a empresa Magnafor Qualitas está a levar a cabo un curso de atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais