Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 788 novas da área temática Xuventude:

23/10/2025 | 12:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia as xornadas ‘Visibles: Moda inclusiva e cultura sen barreiras’ que a asociación ASCM organiza hoxe e mañá no campus de Esteiro e Neda

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros realizou esta mañá un percorrido polo mercado de produtos artesanais, unha das actividades desta iniciativa financiada a través do programa Iniciativa Xove da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

22/10/2025 | 14:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Secretaría Xeral para o Deporte
21/10/2025 | 12:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Aneiros felicita aos 9 alumnos que concluíron o obradoiro de garantía xuvenil ‘Inicia VIII’ promovido polos concellos de Fene, Ares, Cabanas e Mugardos

 A delegada territorial de Ferrol, participou esta mañá na entrega de diplomas aos participantes neste itinerario formativo que a Xunta financiou cun investimento próximo aos 449.000 euros

19/10/2025 | 14:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avogar por fomentar a participación de nenos e mozos en todos os temas que lles afectan

Os participantes debateron sobre os dereitos dixitais dos menores e sobre como acadar que internet sexa un espazo seguro e positivo para todos.

17/10/2025 | 12:31 | C. de Sanidade

Belén do Campo agradece a implicación das nais e pais no proxecto da vacinación infantil no que participaron máis de 260 nenos do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao de Ordes

A delegada da Xunta visitou este centro educativo para compartir cos alumnos e profesores a experiencia desta campaña pioneira que comezou o 13 de outubro e rematará o 23 de outubro na provincia e na que participaron 8 centros educativos da cidade e da área de Compostela

15/10/2025 | 18:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García coincide cos seus homólogos doutras comunidades na importancia de impulsar o uso da lingua entre a mocidade

O secretario xeral da Lingua participa na reunión da comisión de seguimento do protocolo para establecer unha estrutura de cooperación entre as comunidades autónomas don lingua propia

11/10/2025 | 13:19 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o lecer tecnolóxico como unha “oportunidade de desenvolvemento para a mocidade”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude comparte xornada cos participantes na XGN Intermax, a ‘lanparty’ galega apoiada pola Xunta con 863 inscritos este ano

10/10/2025 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta potenciará a calidade e a innovación das ensinanzas artísticas en Galicia e a súa conexión co tecido produtivo a través do plan EDUC-ART

O plan, dotado con 10,4M€, ten vixencia ata 2030, abrangue máis de 30 medidas e oito liñas concretas de actuación

10/10/2025 | 16:50 | Axencia de Turismo de Galicia

O programa ‘O teu Camiño’ da Fundación Galega contra o Narcotráfico achega os valores xacobeos á mocidade co apoio da Xunta

O director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de alumnos e profesores participantes no programa O Teu Camiño