A delegación da Xunta acolle este sábado a segunda edición do festival Primavera de Voces Xoves

Lugo, 18 de marzo de 2026

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este sábado, 21 de marzo, a segunda edición do festival Primavera de Voces Xoves. Comezará a partir das 18,00 horas no salón de actos.

O delegado territorial, Javier Arias, e o director do Coro Xuvenil de Lugo, Pablo Rico, presentaron o programa, que contará coa actuación de catro formacións. Ademais do Coro Xuvenil lucense, organizador do evento, actuarán o Minicoro da Esmuvi de Vilalba; o Coro Xuvenil Sauti Yangu de Guntín e o Xove Coro de Lugo.

As agrupacións participantes ofrecerán un repertorio variado que inclúe versións de cancións de artistas e grupos contemporáneos de música pop. O acceso ao concerto será gratuíto, con entrada libre ata completar aforo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2026