Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da área temática Comercio:

23/12/2025 | 14:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta leva ao mercado de Pontevedra a campaña para reducir o desperdicio alimentario durante o Nadal

A iniciativa consiste na entrega dunha culler de madeira na que se pode escanear un código QR que redirixe a unha web con receitas de aproveitamento

23/12/2025 | 11:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo defende un consumo máis responsable no Nadal para reducir o desperdicio alimentario

O delegado territorial explicou que esta iniciativa pretende concienciar as familias galegas sobre o impacto que supón o desperdicio alimentario; promover hábitos de compra consciente e responsable e poñer en valor os mercados municipais como espazo de consumo de produtos de proximidade de primeira calidade

22/12/2025 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O grupo de traballo constituído para potenciar o Ifevi dá os primeiros pasos co obxectivo de axilizar a elaboración do Plan Funcional e o Plan Estratéxico

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na primeira reunión do grupo de traballo creado para elaborar ambos documentos, acordando os vindeiros fitos a cumprir para avanzar coa máxima celeridade nesta meta

22/12/2025 | 12:07 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta colabora coa iniciativa ‘Nadal na Milagrosa’ que organiza a Asociación de Empresarios e Comerciantes do barrio da Milagrosa, en Lugo

Haberá obradoiros, sesións de contacontos e espectáculos de maxia, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos, co obxectivo de dinamizar esta zona da cidade durante as festas de Nadal

20/12/2025 | 13:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

Belén do Campo asiste ao acto “Mercado no rural con porco celta” no mercado de Elviña organizado por Asoporcel

A delegada salientou o papel fundamental que desempeñan as razas gandeiras autóctonas galegas na xestión e protección do territorio, así como o compromiso da Xunta de apoiar a súa conservación e impulso

19/12/2025 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta achega ao mercado da Magdalena de Ferrol unha campaña de concienciación contra o desperdicio alimentario nestas festas

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou nesta iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e que consistiu na distribución de culleres de madeira cun QR con receitas de aproveitamento das sobras de Nadal

19/12/2025 | 12:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Praza de Augas Férreas acollerá durante toda a fin de semana actividades de Nadal para os nenos co apoio da Xunta

A Asociación de Veciños e Comerciantes do barrio lucense organiza a iniciativa ‘Un Nadal de Conto’, que inclúe contacontos, obradoiros, animación musical e xogos, entre outras moitas propostas