Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 554 novas da área temática Enerxía:

19/11/2025 | 12:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta renova a iluminación exterior do IES Otero Pedrayo de Ourense

O delegado territorial subliñou que a esta actuación, baseada na eficiencia enerxética e lumínica deste inmoble, a Conselleria de Economía e Industria vai destinar máis de 410.000 euros

18/11/2025 | 12:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a coxeración como elemento clave para mellorar a competitividade industrial e reclama a convocatoria inmediata do réxime de poxas

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na mesa redonda A coxeración e a descarbonización industrial desde as Comunidades autónomas, no marco do programa de actividades do congreso estatal Genera 2025, que se celebra estes días en Madrid

17/11/2025 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A asociación de veciños ‘As Lamas de Gontá’, en Palas de Rei, mellorou o seu local social co apoio da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego achegou financiamento para renovar as ventás e acondicionar a fachada

16/11/2025 | 13:59 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda avanza que no 2026 estarán xa en marcha as 4.000 vivendas comprometidas para duplicar o parque público de Galicia e chegar así ás 8.000

Destaca que Galicia conta cun Goberno que “cumpre cos seus compromisos” e que “seguiremos apostando por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”

14/11/2025 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a contribución de Forestal del Aatlántico ao medio ambiente co seu proxecto para producir metanol con hidróxeno renovable e CO2

A conselleira subliña que este tipo de actuacións contribúen ao obxectivo galego de acadar a neutralidade climática en 2040 pois reducirá as emisións de gases de efecto invernadoiro ao usar o dióxido de carbono para crear un novo produto

13/11/2025 | 16:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala a descarbonización do transporte como un dos retos fundamentais para acadar unha sociedade climaticamente neutra

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou esta mañá a xornada O latexo da enerxía do mañá onde puxo en valor as medidas adoptadas pola Administración galega para incentivar o vehículo eléctrico

13/11/2025 | 13:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa con case 118.000 € a mellora da eficiencia enerxética no edificio multiúsos de Frades

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a instalación para coñecer as actuacións executadas no marco da Orde plurianual de subvencións para obras de eficiencia enerxética cofinanciadas con fondos Feder

12/11/2025 | 15:31 | C. de Economía e Industria

Lorenzana demanda ao Goberno unha regulación da repotenciación eólica como a de Galicia: sensata e economicamente viable

“Podemos congratularnos de que Galicia, que xa foi pioneira no desenvolvemento da enerxía eólica, tamén o está a ser ao abrir o debate da repotenciación a nivel nacional”, di

12/11/2025 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca que a Xunta apoia con axudas a catro entidades veciñais da cidade de Santiago a través do plan específico de acción comunitaria con case 32.000€

As achegas van dirixidas a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas e poden acadar a totalidade do investimento realizado