Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.947 novas da área temática Infraestruturas:

18/05/2026 | 18:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de prolongación da autovía AG-59 fan necesario o corte de tráfico no enlace da Ramallosa durante seis semanas

Con este corte están pechados ao tráfico tanto o ramal de entrada como o de saída á autovía AG-59 neste enlace da Ramallosa, e a circulación desvíase a través do enlace dos Verxeles

18/05/2026 | 15:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/05/2026 | 10:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A montaxe de dúas novas pasarelas nas obras da senda Milladoiro–Intermodal fará necesario cortar o tráfico mañá martes no enlace da AG-56 coa SC-20 e a AP-9 en sentido Santiago

Trátase de levar a cabo a montaxe dos dous vanos no punto quilométrico 1+500 da nova senda, dando continuidade á instalación realizada en marzo da primeira pasarela no treito do itinerario situado no punto 1+390

16/05/2026 | 11:02 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 191.000 euros o subministro e instalación de lavacuñas termodesinfectadoras con destino ao Hospital Novo Montecelo

A Xunta compaxina a finalización da obra coa contratación do equipamento necesario para a posta en marcha do novo centro hospitalario

15/05/2026 | 17:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta licita cun orzamento de 4M€ as obras de mellora da eficiencia enerxética do Centro Superior de Hostalería de Galicia

A actuación conlevará a remodelación do edificio de cociñas do centro e permitirá avanzar na estratexia de sostilibilidade

15/05/2026 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investiu 220.000 euros na mellora dos últimos 3,5 quilómetros da LU-642 no Incio, dende a ponte sobre o río Cabe ata a Ferrería

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que o Goberno galego cumpre así o seu compromiso de acondicionar ao completo esta estrada autonómica, que conecta Oural (Sarria) co municipio do Incio 

14/05/2026 | 18:12 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Oroso asinan o convenio para acondicionar a contorna do Camiño Inglés no Paseo do Carboeiro, cun investimento total de máis de 1 M€

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e a Axencia de Turismo de Galicia asumen o 80% financiamento, e o Concello, o 20% restante

14/05/2026 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou con 24.000 euros o acondicionamento do local social do colectivo ‘A Ferradura’ de Pol

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego colaborou coa agrupación veciñal da parroquia de Caraño na reforma do teleclube de Churiz para empregalo como sede das súas actividades

13/05/2026 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 33,3 M€ a execución das obras de prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena, en Vimianzo, e a estrada AC-432

Trátase de executar un novo tramo de 5,8 km de lonxitude, ata a intersección coa vía AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas, cun investimento por máis de 36M€