Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 444 novas da área temática Urbanismo:

04/12/2025 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o traballo do Consorcio do Casco Vello de Vigo, no que a Xunta leva investido 30,5 M€ nos últimos 20 anos

Desde a súa creación en 2005, froito da colaboración autonómica e local, o ente puxo a disposición 140 vivendas e 36 locais comerciais

03/12/2025 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/11/2025 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega 3 vivendas públicas en alugueiro accesible no centro histórico de Betanzos

Os novos fogares foron rehabilitados ao abeiro do Programa Rexurbe e sorteados entre os demandantes de vivenda pública, un deles menor de 36 anos

29/11/2025 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia mantivo durante o ano 2024 unha boa calidade do aire en zonas urbanas, rurais e industriais

O informe anual elaborado por MeteoGalicia conclúe que ningunha das estacións da Comunidade superou os valores límite para a protección da saúde humana e apunta tamén a unha lixeira mellora nos resultados con respecto ao ano anterior

26/11/2025 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recoñece as traxectorias profesionais de Jesús Irisarri, Guadalupe Piñera e Roberto Medín nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2025

Allegue agradeceu aos arquitectos o seu “talento e excelencia que contribúe ao desenvolvemento da nosa terra e a reforzar a marca Galicia Calidade”

24/11/2025 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Concello do Valadouro súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 44 vivendas protexidas

O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, a parcela municipal, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga

21/11/2025 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa unha senda peonil e un carril bici en Poio como proxecto municipal estratéxico

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes coñeceu o resultado da obra, que recibiu unha achega autonómica de case 256.000 euros para fomentar a mobilidade sostible

20/11/2025 | 16:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello do Valadouro na humanización da praza de Santa María en Ferreira, que suporá un investimento de 220.000€

A través desta actuación, mellorarase parte desta praza, con intervencións para facilitar a circulación peonil, ademais da disposición de beirarrúas, instalación de mobiliario urbano e a limpeza do cruceiro, entre outras

14/11/2025 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na urbanización do ámbito autonómico da ETEA, o PS-6, e urxe ao concello de Vigo e á Zona Franca a sinatura do convenio para desenvolver o PS-1

O Goberno galego comezou en primavera estas obras nunha área de máis de 20.000 m², entre as instalacións deportivas e a praza de Armas, e xa se acometeron as demolicións de edificios e pavimentos e movementos de terras para os novos viarios

13/11/2025 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial supervisa o comezo das obras da rúa Emilia Pardo Bazán na cidade de Ourense

Manuel Pardo enmarcou estes traballos no proxecto para a mellora de 13 travesías urbanas de titularidade autonómica, nas que a Xunta  vai investir máis de  2,8 millóns de euros