Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 756 novas da área temática Xuventude:

26/08/2025 | 12:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove en Ferrolterra o ocio vinculado ás actividades náuticas a través dunha nova edición do minicampamento ‘Valdoviño Mariño V’

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá á vintena de nenos e nenas que participan esta semana na última quenda desta proposta lúdica incluída na campaña de verán 2025 da Xunta

26/08/2025 | 11:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta continúa a adherir entidades ás vantaxes que ofrece o Carné Xove coa incorporación de Ikea

Coa promoción, os usuarios do carné, de entre 18 e 30 anos, recibirán nunha tarxeta agasallo a cantidade equivalente ao 15% do seu gasto en compras de 250€ ou máis

26/08/2025 | 10:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses reúnese coa mocidade participante no programa da Xunta de intercambio xuvenil con Xapón

Un total de 15 rapaces e rapazas viaxarán, do 7 ao 12 de setembro, á Prefectura de Wakayama, cuxo Camiño Kumano está irmandado co de Santiago

25/08/2025 | 15:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Espazo Xove de Vilalba celebra este venres a 30ª edición do Día da Bicicleta

A tradicional marcha ciclista sairá ás 19.30 horas da Praza da Constitución e a xornada contará ademais con sorteos, música en directo e propostas solidarias

25/08/2025 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca a ampla oferta cultural do campamento da Illa de San Simón dentro da campaña de verán da Xunta

A iniciativa ‘Cultura na Illa’ ofrece 120 prazas no marco da programación estival Modo verán activo, que este ano desfrutan 11.630 rapaces e rapazas en toda Galicia

22/08/2025 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoiará con 6,5 M€ aos concellos e entidades sen ánimo de lucro para a contratación dunhas 400 persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas cofinanciadas pola Unión Europea e destinadas a incentivar a inserción laboral de desempregados de entre 18 e 29 anos en máis de 200 entidades

19/08/2025 | 10:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta publica no DOG as axudas para apoiar a mocidade nos custos dos carnés para coches e motocicletas

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre o prazo para presentar as solicitudes desde o 25 de agosto ao 25 de setembro

15/08/2025 | 11:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta publicará o vindeiro martes no DOG a convocatoria das axudas á mocidade para sufragar os custos dos carnés para coches e motocicletas

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude incorpora como novidade nesta edición o permiso de conducir clase A2

12/08/2025 | 14:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima á mocidade a través da iniciativa ‘Van polo Clima’ a converterse nun activo fronte ao cambio climático e no coidado do medio ambiente

O Executivo galego promove entre a xente nova prácticas sostibles que contribúan a mitigar os efectos do quecemento global actuando de xeito responsable en todos os aspectos da súa vida cotiá, incluídas as actividades de lecer

11/08/2025 | 14:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o día 8 de setembro o prazo para solicitar o Bono Concilia Familia

O Executivo galego destina máis de 2,5 M€ a esta orde de axudas