Actualidade
Buscador de novas
A Xunta financia con preto de 70.000 euros distintas melloras nas redes de saneamento e abastecemento do concello de Outes
A actuación máis importante afecta ao tratamento de augas residuais e consistirá no acondicionamento dos bombeos nos lugares de Bendimón, Central e Requeixiño, cun investimento de máis de 48.000 euros
A Xunta e o Concello da Estrada avalían o proxecto municipal para ampliar a EDAR de Aguións
A conselleira e o alcalde tamén abordaron outros asuntos de interese municipal relacionados coa xestión de residuos e a posta en valor do patrimonio natural
Belén do Campo visita Frades para supervisar as obras de recuperación do azude do río Tambre na área recreativa da presa financiadas cun apoio da Xunta de 50.000 €
A delegada da Xunta informou que ao abeiro deste acordo, Augas de Galicia asumiu o financiamento da intervención, que permitiu restaurar un tramo de 15 metros do azude, construído a partir de bloques de pedra granítica de entre 400 e 800 quilos
A Xunta adxudica por preto de 300.000 euros as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra, no concello de Cervo
O fin último das actuacións é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara á rede de saneamento municipal, garantindo así a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna
A Xunta e o Concello do Bolo avalían posibles vías de colaboración para mellorar os servizos de abastecemento e de saneamento do municipio
Ángeles Vázquez explica que Augas de Galicia volverá convocar en 2026 algunhas das súas liñas de axudas de máis éxito e que as achegas para instalar sistemas de depuración autónomos se estenderán por primeira vez a toda a Comunidade
A Xunta instala 11 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación do río Morto, na Pobra do Caramiñal
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta destina case 2,4 M€ a implantar unha nova rede de calidade das augas na demarcación Galicia-Costa
Ángeles Vázquez explica que os traballos, cun prazo de execución de oito meses, permitirán que o próximo verán esta conca hidrográfica poida dispoñer dun sistema con capacidade para medir en tempo real varios parámetros e xerar alertas
Galicia mantivo durante o ano 2024 unha boa calidade do aire en zonas urbanas, rurais e industriais
O informe anual elaborado por MeteoGalicia conclúe que ningunha das estacións da Comunidade superou os valores límite para a protección da saúde humana e apunta tamén a unha lixeira mellora nos resultados con respecto ao ano anterior
A Xunta adxudica a construción da nova estación depuradora de augas residuais de Barro por un importe de preto de 3 M€
Esta nova infraestrutura dará servizo a unha poboación equivalente de 2.631 habitantes con horizonte no ano 2044