Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.115 novas da área temática Formación:

04/04/2026 | 09:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca axudas para apoiar o labor das Anpas

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destina máis de 66.000€ a estas subvencións, destinadas a sufragar actividades e diferentes gastos de funcionamento

04/04/2026 | 09:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta mantén aberto ata o 13 de abril o prazo de solicitudes para o Xuventude Mentoring

O programa, destinado a favorecer a transición da mocidade á vida profesional, rematou a súa última edición en febreiro con 160 participantes

02/04/2026 | 15:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanzará unha segunda edición do Programa en Industria de Defensa para empresas ante a alta demanda de solicitudes recibidas

A primeira convocatoria recibiu 69 candidaturas para as 25 prazas, case o triplo da oferta dispoñible

02/04/2026 | 14:43 | C. do Mar

A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira consolídase como un dos referentes na formación marítima de Galicia con máis de 100 matriculados neste curso

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, compartiu co novo equipo directivo impresións sobre os retos e oportunidades do sector

02/04/2026 | 10:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as máis de 9.000 persoas usuarias do Campus de igualdade laboral para avanzar na equidade real nas contornas de traballo

Desde o seu impulso en 2021, a iniciativa autonómica non deixou de medrar, cun 78 % de usuarias mulleres e un 22 % de homes e case 600 novos rexistros este ano

01/04/2026 | 18:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta respalda a segunda edición do ‘Camiño do emprendemento musical’ para conectar a mocidade galega coas oportunidades profesionais deste sector

O proxecto compaxinará eventos presenciais e mentorías con artistas e profesionais do sector dirixidos ás mozas e mozos que estean a barallar este campo como unha saída laboral

31/03/2026 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro de Formación do Profesorado de Ourense desenvolve este curso máis de 500 actividades

O director xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación felicita ao equipo do centro pola súa contribución á mellora da cualificación dos docentes

27/03/2026 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 59 equipos compostos por 240 estudantes avanzan á segunda fase do programa Innovatech FP

A directora xeral de FP participa nunha xornada formativa en Culleredo con 84 alumnos de oito centros

26/03/2026 | 16:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Concello de Mos acollerá en abril a quinta edición da súa feira formativa integrada en Galicia Educa

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Jesús Álvarez, participa na presentación desta cita xunto á alcaldesa, Nidia Arévalo