Belén do Campo destaca que 18 centros educativos da área metropolitana da Coruña acceden as axudas para a distribución de leite e froitas nas escolas no curso 25/26

A través desta liña de subvencións, a Consellería do Medio Rural pretende potenciar o consumo de froita e leite entre os nenos e nenas e a mocidade, creando así hábitos alimenticios saudables que poidan manter no futuro

Arteixo  (A Coruña), 11 de maio de 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de medio rural, Nieves mancebo, visitou hoxe  o CEIP Galán en Arteixo un dos centros beneficiarios este curso do programa da Consellería do Medio Rural de distribución de leite, froita fresca e castañas nas escolas. A visita coincidiu co reparto de leite no recreo aos alumnos do centro.

A delegada territorial destacou que a convocatoria destas axudas, un reparto da segunda quenda que se realiza entre marzo e xuño, beneficia na provincia da Coruña en torno a 54.436 alumnos de 96 centros. En toda a campaña se repartirán en total en colexios e institutos da provincia da Coruña, preto máis de 88.000 quilos de froita e más de 172.000 litros de leite e na área metropolitana da Coruña en 18 centros educativos, dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Carral, Culleredo e Oleiros, nos que se repartirán ao final da campaña 26.875 quilos de froita e 79.958 litros de leite.

Esta orde de subvencións, en concorrencia non competitiva, contou este curso cun orzamento superior ao millón de euros para toda Galicia e está cofinanciada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga). O reparto realízase a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), adscrito á Consellería do Medio Rural.

Puideron acceder a estas axudas os centros escolares de educación infantil, primaria e secundaria (incluíndo a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional básica e de grao medio). Cada ano, máis de 80.000 de alumnos e alumnas galegos consumen froita e leite durante o recreo nos centros escolares onde estudan grazas a estas axudas que xestiona o Fogga.

A través desta liña de subvencións, a Consellería do Medio Rural pretende potenciar o consumo de froita e leite entre os nenos e nenas e a mocidade, creando así hábitos alimenticios saudables que poidan manter no futuro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/05/2026