Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 836 novas da área temática Territorio:

22/01/2026 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a descubrir Galicia a través do Camiño do litoral, deseñado para vertebrar de norte a sur a costa máis extensa de España

Dividido en 52 etapas que se estenderán ao longo de 1.300 km, o Goberno galego investirá preto de 2 M€ na execución das obras necesarias para lograr un trazado continuo, accesible e seguro e no deseño e instalación dunha sinalización unificada

22/01/2026 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 32 ofertas para executar as obras de renovación do firme en 19 estradas de titularidade autonómica ao seu paso 30 concellos

As actuacións licitadas en conxunto por máis de 10,6M€ en catro lotes distintos, un por provincia, teñen como obxectivo mellorar as características funcionais e a seguridade viaria en distintos treitos das vías autonómicas

21/01/2026 | 19:33 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca en Fitur a importancia do turismo e a gastronomía como dinamizadores do rural

A conselleira participou en varias presentacións e eventos de promoción desta riqueza, que enmarcou dentro de Galicia Calidade como “compromiso coa excelencia”

21/01/2026 | 18:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca en Fitur a consolidación de Galicia como destino turístico privilexiado a través da práctica do surf

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na presentación ‘Galicia, destino WSL’ onde destacou a importancia da comunidade á hora de acoller cada ano tres probas oficiais do circuíto mundial desta modalidade deportiva

21/01/2026 | 18:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta detecta dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres nos concellos de Vigo e Xove

O foco da provincia de Pontevedra corresponde a un exemplar de busardo ratonero, que foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade

21/01/2026 | 17:55 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 1,8 M€ as obras da nova área de cirurxía maxilofacial do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que se emprazará no Hospital Meixoeiro

Estará dotada con equipamento de última xeración e contará con 3 consultas, unha sala polivalente, unha sala de espera, unha sala de simulación, un despacho e unha sala cirúrxica

18/01/2026 | 10:01 | C. do Mar

A Xunta analiza con Stella Maris vías de colaboración para reforzar a formación e a atención aos profesionais do mar

O encontro permitiu explorar sinerxías no acompañamento no ámbito formativo prelaboral que permita acceder posteriormente a formación no sector pesqueiro

17/01/2026 | 11:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Fundación Telefónica inauguran en febreiro na Cidade da Cultura a exposición ‘Mundo expandido. Entre o físico e o virtual’

A mostra, coa que arrinca a programación expositiva do Museo Centro Gaiás en 2026, explora os límites da realidade física e da simulación dixital ao longo da historia, afondando na pulsión humana por crear mundos virtuais

16/01/2026 | 12:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre as solicitudes para presentar proxectos de estadías formativas no marco do programa ‘Fórmate na empresa’

As subvencións están destinadas a entidades privadas sen ánimo de lucro, concellos e organismos dependentes destes, hoxe