Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 950 noticias de la área temática Vivenda:

10/01/2026 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licitará o luns a construción dun novo edificio de 75 vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, cun investimento de preto de 14 M€

Allegue explicou que o próximo luns se publicará na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia esta licitación, cun prazo de presentación de ofertas ata o 2 de marzo

09/01/2026 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica provisionalmente as 20 vivendas de promoción pública que construé en San Eleuterio, en Mos

O sorteo celebrouse ante notario no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo e as vivendas adxudicáronse en réxime de alugueiro

08/01/2026 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa a oferta pública de adquisición de locais en Ourense para transformalos en vivendas públicas en alugueiro, cun investimento de 2 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova medida para aumentar as vivendas públicas, ao converter locais en desuso en inmobles para uso residencial

08/01/2026 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sortea mañá as 20 vivendas públicas que constrúe en San Eleuterio, no Concello de Mos

O acto terá lugar no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo e as vivendas sortearanse en 4 lotes

05/01/2026 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello pon en marcha a recuperación de catro parcelas na rúa Alta para crear un único edifico con cinco novas vivendas de protección autonómica

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, salienta a nova promoción para dotar á cidade de vivenda

01/01/2026 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/12/2025 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 2 M€ a adquirir locais comerciais sen uso na cidade de Ourense para destinalos a vivendas de promoción pública

Calvo destaca que os propietarios interesados en presentar unha oferta poderán facelo desde a publicación da oferta no Diario Oficial de Galicia, a comezos de xaneiro, e ata o 1 de maio de 2026

21/12/2025 | 11:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba a novena actualización do Plan básico autonómico de Galicia, que garante unha ordenación responsable e sostible do territorio

O Plan Básico Autonómico de Galicia, ou PBA, constitúe unha peza viva e radiográfica das novidades lexislativas sectoriais que afectan ao territorio da comunidade autónoma

20/12/2025 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens

Ángeles Vázquez destaca o incremento da dotación reservada a esta liña en 2026, que duplica o orzamento deste ano e co que prevé chegar a máis de 700 cidadáns

20/12/2025 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta anuncia a licitación das obras de 43 vivendas públicas en San Paio de Navia, en Vigo, por 8,5 M€

Con esta licitación, a Xunta pon en execución todos os inmobles de promoción pública programados no Polígono 1 de Navia