Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 828 novas da área temática Industria:

23/10/2025 | 14:24 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica o liderado de Galicia no sector da acuicultura e aposta por atraer novos investimentos

Agradece a Stolt Sea Farm o seu compromiso coa comunidade e que sexa unha parte máis desa “Galicia Calidade que exportamos por todas partes”

23/10/2025 | 13:51 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a comezos de 2026 estarán dispoñibles as primeiras axudas para as empresas que participen na Estratexia de Seguridade, Defensa e Aerospazo

Apunta que a Xunta ten previsto aprobar por anticipado de gasto, para que estea aplicable a comezos de ano, a convocatoria para a obtención de certificacións

23/10/2025 | 13:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola cooperación atlántica como motor dunha industria máis limpa, competitiva e sostible

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na inauguración do encontro Atlantic Green Hub, impulsado por Viratec e Aclima, que converte Galicia en punto de referencia da sustentabilidade e da innovación ambiental no Atlántico

23/10/2025 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración con Asime para dar cobertura ás vacantes laborais no sector metalmecánico en eidos estratéxicos como o naval

José González referiuse ao PIE 2024-2025 de Asime pero tamén á implicación da entidade en iniciativas da Consellería como as feiras de emprego celebradas o pasado mes de marzo na Arxentina e no Uruguai, co gallo de captar novos perfís profesionais

22/10/2025 | 15:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel crucial da industria dos áridos na descarbonización da economía

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe en Córdoba no VII Congreso Nacional de Áridos

21/10/2025 | 13:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta anuncia a convocatoria dun novo concurso de dereitos mineiros para materias primas críticas

Apunta que a resolución do anterior concurso sairá publicada no DOG e no BOE os vindeiros días, con 20 solicitudes rexistradas: 18 para a provincia da Coruña e dúas para a de Ourense

18/10/2025 | 13:28 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que Lugo será protagonista na Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo, que terá unha partida de 14,8 M€ nos orzamentos de 2026

Anuncia que o Parque Industrial de Rozas acollerá o banco de probas do “Ceo Dixital Europeo” no marco das accións previstas pola Xunta para converter esta infraestrutura nun referente internacional no sector aeroespacial

16/10/2025 | 20:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a aposta do ‘V Premio Cámara de Comercio-ENCE á innovación forestal’ por consolidar o emprendemento ligado ao territorio

José González gabou esta iniciativa que permite visibilizar proxectos empresariais innovadores nun sector estratéxico como é o forestal, ao tempo que contribúe a impulsar o emprendemento neste eido co foco posto nas achegas das novas xeracións