Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.947 novas da área temática Infraestruturas:

08/05/2026 | 14:36 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pídelle a Aena esforzo investidor nos aeroportos galegos acorde coas necesidades da comunidade

A directora xeral de Mobilidade e o director de Turismo de Galicia participaron hoxe na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia

08/05/2026 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo anuncia un investimento de preto de 514.000€ para o reforzo do firme na AC-440 ao seu paso polo concello de Muxía

A representante do Goberno autonómico destacou que esta intervención permitirá actuar ao longo de máis de 9,13 quilómetros, renovando unha infraestrutura moi utilizada tanto polas veciñas e veciños como polos numerosos vehículos que circulan diariamente cara ao litoral muxián

08/05/2026 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial supervisa o remate das obras de conservación da senda peonil na estrada OU-402 en San Bieito de Rabiño, no Concello de Cortegada

Manuel Pardo explicou que esta actuación, que contou cun investimento autonómico de máis de 30.000 euros, consistiu na construción dunha gabia en formigón lixeiramente armada sobre unha superficie de 235 metros lineais e de 2,10 metros de ancho, entre os puntos quilométricos 41+375 e o 41+610 

08/05/2026 | 13:20 | C. do Mar

Portos de Galicia inviste 50.000 € na rehabilitación da balaustrada e a mellora do paseo do Preguntoiro, en Vilaxóan

O presidente do ente público visitou as obras que se atopan en execución desde esta semana

07/05/2026 | 17:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello de Coirós o convenio para a humanización de espazos públicos nos núcleos rurais de Loureiros e Xora, cun investimento total de preto de 150.000€

O obxectivo é executar as obras necesarias para a mellora do estado do firme das vías deste dous lugares da parroquia de Santa María de Ois

07/05/2026 | 14:59 | C. de Sanidade

A Xunta subliña o seu compromiso coa renovación das infraestruturas sanitarias de Ourense e traballa para que o novo edificio de hospitalización estea funcionando o vindeiro ano

Parada remarca que a transformación estrutural do complexo hospitalario ourensá responde a unha estratexia planificada na que se conxuga a mellora das infraestruturas coa continuidade asistencial

07/05/2026 | 14:52 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 72.000€ para a mellora de dous camiños municipais en Negreira ao abeiro do Plan Camiña

A delegada da Xunta informou que a orde financia actuacións de ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación

06/05/2026 | 14:47 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o interese da xunta por facer realidade o centro integral de saúde de Ourense á maior brevidade con plenas garantías xurídicas

Subliña o compromiso firme da Xunta coa sanidade ourensá, que se pon de manifesto nos investimentos realizados nos últimos anos na cidade da Burgas

06/05/2026 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Boqueixón o convenio para mellorar os itinerarios peonís en Lestedo, cun investimento total de máis de 460.000€

O Goberno galego asumirá o 70% do orzamento, contratará e executará as obras; e o Concello aporta o 30% restante do investimento e corresponderalle o mantemento