Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.327 novas da área temática Administración pública:

15/04/2026 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou máis de 90M€ ao apoio aos concellos en materia de emerxencias e protección civil nos últimos 10 anos

O director xeral de Emerxencias e Interior reafirmou no Parlamento o compromiso do Goberno galego cos servizos de emerxencias locais, que continuará este ano con distintas medidas

15/04/2026 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta urxe o Goberno central maior celeridade no traspaso de competencias para mellorar os servizos que se prestan aos galegos

A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, abordou no Parlamento o estado das transferencias solicitadas

14/04/2026 | 17:46 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que o novo punto de encontro familiar de Cervo abrirá o 1 de xullo e dará servizo aos 15 concellos da Mariña

Destínanse 155.000 euros anuais ao funcionamento deste recurso, que evitará que as familias teñan que desprazarse ata Lugo para realizar as visitas

13/04/2026 | 18:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo amosa o seu respaldo aos concellos de Laxe, Malpica, Ponteceso e Cabana de Bergantiños ante os problemas de conectividade e reclama solucións urxentes á operadora

A delegada da Xunta subliñou que se trata dun problema que afecta a servizos esenciais, como o funcionamento dos propios concellos, o tecido produtivo local ou o funcionamento diario dalgúns trámites dos centros de saúde, e que “non pode normalizarse no rural galego”

13/04/2026 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta proponlle ao concello de Cangas de Morrazo a implantación dun servizo de interese municipal para reforzar o transporte durante o verán

A directora xeral de Mobilidade reuniuse hoxe coa alcaldesa para abordar as necesidades de mobilidade do municipio como é o caso da implantación dun SIMU para dar resposta aos desprazamentos con Donón e Vilanova na época estival

09/04/2026 | 10:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo anima aos concellos a solicitar as axudas para mellorar as súas infraestruturas municipais que contan cun orzamento de 3,5 M€

A delegada da Xunta lembrou que o prazo estará aberto ata o 5 de maio e que as achegas van dirixidas a concellos de menos de 30.000 habitantes e que poden solicitar as subvencións de xeito individual ou conxunto

07/04/2026 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
07/04/2026 | 10:34 | C. de Facenda e Administración Pública

Aberto o prazo de inscrición para a xornada de presentación da Estratexia galega de contratación pública

Terá lugar o 23 de abril na EGAP e estará dirixida especialmente ao persoal empregado público

06/04/2026 | 19:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo informa que ata o 20 de abril aínda está aberto o prazo para solicitar as axudas destinadas a entidades veciñais, de mulleres rurais e de comunidades de usuarios de augas

A delegada da Xunta destacou que esta orde conta con dúas liñas de financiamento para obras de mellora de infraestruturas e para dotar de equipamento a estas entidades