Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor a nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’ que trouxo de regreso preto de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior
Procedentes de Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, salvo os que quedarán máis tempo para estar coa familia
A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
Coincidindo coa celebración do Día da Hispanidade, a artista ofreceu un concerto a pasada noite no centro cultural Palacio Libertad dirixido tanto á colectividade galega residente no país como ao público arxentino
A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago
José González participou nos actos do Día da Hispanidade promovidos pola comunidade española da cidade, durante os que a Municipalidade fixo entrega da autorización para a futura instalación dunha mouteira do Camiño de Santiago
A Xunta promove o concerto de Baiuca en Bos Aires como referente da vangarda musical galega e da conexión cultural coas novas xeracións da diáspora
A actuación tivo lugar na sala Groove e encádrase na iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’, celebrada con motivo de que Galicia fora escollida como convidada de honra pola Embaixada de España na Arxentina con motivo do Día da Hispanidade
Rueda enxalza en Bos Aires a fortaleza dos lazos entre Galicia e A Arxentina e a proxección internacional da Marca Galicia Calidade
Salienta a marca Galicia Calidade como unha carta de presentación de Galicia ante o mundo
A Xunta impulsa na Arxentina a proxección internacional do bo facer da cociña galega a través do evento ‘Saborea Galicia Calidade’
A cita promovida polo Goberno galego celébrase aproveitando a visibilidade que outorga a Galicia a súa condición de rexión convidada de honra pola Embaixada de España no país con motivo da celebración do Día da Hispanidade
A Xunta dá a benvida en Vigo aos maiores do exterior que participan nunha nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’
Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ofrece a preto de 200 galegos residentes no exterior maiores de 65 anos a posibilidade de reencontrarse coas súas raíces
A Xunta recibe en Pontecesures a 42 peregrinos da Irmandade Galega de Rubí que realizan o Camiño Portugués pola variante espiritual
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa como exemplo do labor que as entidades galegas realizan en Cataluña para manter vivas as nosas tradicións e fortalecer a identidade galega
A Xunta destaca que máis de 30.000 galegos e galegas de 60 países diferentes recibiron apoios personalizados no marco da Estratexia Galicia Retorna
O secretario xeral da Emigración compareceu hoxe por petición propia na Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento, para dar conta das medidas de retorno impulsadas polo Goberno galego
A Xunta enxalza no 85 aniversario da Casa de Galicia de Nova York o labor desta entidade en prol da conservación e difusión da galeguidade nos EEUU
José González salientou o papel referente deste centro, que conta con arredor dun milleiro de persoas socias, no acompañamento á comunidade galega nos Estados Unidos, onde residen máis de 24.000 persoas