Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.425 novas da área temática Forestal:

10/07/2026 | 13:17 | C. do Medio Rural

Belén do Campo recibe aos 20 primeiros bombeiros forestais de Bulgaria que participan en Galicia nun programa europeo fronte aos incendios forestais

A representante do Goberno autonómico destacou que Galicia acolle durante todo o mes de xullo un total de 40 efectivos especializados para reforzar a cooperación, a formación e o intercambio de experiencias na prevención e extinción de incendios forestais

10/07/2026 | 12:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao cambio de uso de solo forestal a agrícola de varias parcelas para o plantado de kiwis no concello de Ribadeo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

09/07/2026 | 15:43 | C. do Medio Rural

María José Gómez entrega os títulos dunha nova parcelaria no concello de Verín que permitiu cuadriplicar a dimensión das parcelas

A conselleira do Medio Rural entregou hoxe os títulos da zona de reestruturación de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos, que contou cun investimento de case 3,27 millóns de euros para o seu desenvolvemento

09/07/2026 | 09:21 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Guntín, parroquia de Sirvián

O lume iniciouse ás 16.17 horas deste martes e finalmente afectou unha superficie de 32,37 hectáreas, todas elas de arborado

08/07/2026 | 17:10 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello lucense de Guntín, parroquia de Sirvián

O lume iniciouse ás 16.17 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 30 hectáreas

08/07/2026 | 14:42 | C. do Medio Rural

Martina Aneiros salienta o traballo da Asociación Fomento Forestal de Monfero na loita contra os lumes

A delegada territorial da Xunta en Ferrol destacou as campañas de vixilancia e patrullas disuasorias que organiza cada ano a entidade

08/07/2026 | 09:04 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Guntín, parroquia de Sirvián

O lume iniciouse ás 16.17 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 30 hectáreas

07/07/2026 | 13:46 | C. do Medio Rural

A Xunta ultima na provincia de Ourense a coordinación policial para a loita contra os incendios forestais

O obxectivo desta reunión, que se celebra todos os anos no marco da campaña de alto risco, é o deseño de actuacións conxuntas entre a Xunta, o Goberno central e a Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais

05/07/2026 | 10:14 | C. do Medio Rural

Medio Rural inicia as accións formativas sobre incendios forestais ao abeiro do convenio con Finsa

Os primeiros cursos leváronse a cabo os pasados días 29 e 30 de xuño na base de Campiño e o 1 de xullo no Centro Integral de Loita contra o lume de Toén para persoas vinculadas á empresa que traballan no monte, comunidades de montes veciñais en man común e persoal propio de Finsa

03/07/2026 | 20:37 | C. do Medio Rural

Medio Rural segue a impulsar a implicación cidadá na prevención dos incendios forestais cunha nova xornada formativa en Fornelos de Montes

A acción desenvolvida hoxe baséase no proxecto piloto posto en marcha coa Mancomunidade de Montes do Baixo Miño para colaborar na detección temperá dos lumes, co fin de replicar esta iniciativa noutras zonas