Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.149 novas da área temática Medio ambiente:

18/12/2025 | 11:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Preto de 90.000 titulares de licenzas de caza e pesca continental de Galicia xa as teñen dispoñibles na aplicación XuntaEu

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático incorporou as autorizacións concedidas na comunidade -máis de 47.400 de pesca e arredor de 41.300 de caza- a esta ferramenta dixital do Executivo galego

17/12/2025 | 15:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta fai públicas as 471 aglomeracións urbanas identificadas en Galicia para garantir a xestión coordinada dos sistemas de saneamento e depuración

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución co acordo do Consello polo que se aproban estas aglomeracións e se dispón a súa publicación no correspondente rexistro, unha ferramenta creada pola Lei de mellora do ciclo integral da auga

17/12/2025 | 14:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia lidera as candidaturas á bandeira Sendeiro Azul para 2026, cun 31% máis de rutas aspirantes

Marisol Díaz subliña que das 72 aspirantes a sendeiros azuis, 20 son itinerarios que optan por primeira vez a este recoñecemento

17/12/2025 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia o Concello de Bergondo con preto de 60.000 euros para acondicionar un bosque autóctono de uso público no parque empresarial

A directora xeral salientou que esta actuación recibiu financiamento a través das axudas destinadas ás entidades locais para impulsar zonas verdes e refuxios climáticos na súa área de influencia

16/12/2025 | 19:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda aposta por impulsar en Galicia un ecosistema industrial baseado na sustentabilidade e na economía circular

“É un gusto que empresas galegas que empezaron moi pouco a pouco, agora teñan este tamaño e sigan tendo claro que o segredo está en facer as cousas ben”, apuntou

16/12/2025 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concedeu nos últimos tres anos máis de 4,3 M€ en axudas ao Concello de Vigo para mellorar a xestión municipal dos residuos

O vigués é un dos municipios de Galicia máis beneficiados polas distintas liñas de achegas para apoiar ás entidades locais no cumprimento das súas obrigas na recollida dos refugallos de ámbito urbano

16/12/2025 | 12:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización, clasificación e almacenamento de residuos da construción, en Moeche

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

16/12/2025 | 11:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por 1 M€ dúas ordes de axudas para previr os danos da fauna silvestre e para contratar persoas que protexan o gando dos ataques do lobo

Haberá achegas para medidas preventivas como a adquisición e mantemento de cans defensores ou a compra de pastores eléctricos e cerrumes de malla electrificada

15/12/2025 | 19:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a reciclar vidro no Nadal pois nestas datas xéranse ata o 20% dos residuos anuais deste tipo

A Xunta lembra que este material se pode reciclar infinitas veces, o que fai que a súa recollida separada se converta no modelo máis eficaz, eficiente e sostible de todos

15/12/2025 | 13:52 | C. do Mar

A Xunta constitúe a comisión de revisión do Plan Camgal para actualizar a resposta ante posibles episodios de contaminación mariña accidental

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a primeira reunión do órgano encargado de redactar o novo Plan Camgal, tal e como establece o Decreto 135/2016