Actualidade
Buscador de novas
O Servizo Galego de Saúde publica a oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas para persoal sanitario e de xestión e servizos
As persoas participantes disporán dun prazo de 15 días naturais para realizar as modificacións que estimen oportunas na selección inicial de destinos
A Xunta comeza o traslado da tecnoloxía e equipamento ao centro de saúde de Conxo para iniciar o vindeiro luns a actividade nas instalacións renovadas
O traslado iniciouse unha vez finalizadas as consultas deste venres, co obxectivo de non interromper a actividade asistencial, e continuará ao longo da fin de semana
A Xunta licita por 2,7 M€ a contratación dos servizos de atención a usuarios dos sistemas de información dos hospitais do Sergas
Entre os servizos que se prestarán están as consultas e solicitudes, as peticións de desenvolvemento dos programas informáticos, as incidencias ou os cambios nas aplicacións informáticas
A Xunta informa da finalización das alertas por episodios de calor a partir de mañá xoves
A chegada dunha fronte pouco activa traerá aire atlántico a toda Galicia
ADOS fai un chamamento á doazón de sangue dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo, e píde a colaboración da cidadanía
Estes grupos sanguíneos amosan niveis baixos, especialmente este último, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue
A Xunta informa que ningunha zona de Galicia estará mañá en alerta vermella por episodio de calor
Tan só a zona de Valdeorras estará en alerta laranxa
A Xunta informa que a alerta vermella por episodio de calor afectará mañá unicamente a Valdeorras
As zonas do Miño de Ourense, montaña de Ourense, interior de Pontevedra e Rías Baixas estarán en alerta laranxa
A Xunta informa que a alerta vermella por episodio de calor afectará mañá á montaña de Ourense e interior de Pontevedra
As zonas de Valdeorras, Miño de Ourense e Rías Baixas estarán en alerta laranxa
A Xunta informa que a alerta vermella por episodio de calor afectará mañá ao interior de Pontevedra, Rías Baixas e montaña de Ourense
As zonas de Valdeorras, sur de Lugo e Miño de Ourense estarán en alerta laranxa
A Xunta licita por 540.000 € a subministración de reactivos e material funxible con destino aos laboratorios de anatomía patolóxica da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
Este contrato, ademais da actividade ordinaria, permite procesar as citoloxías derivadas da actividade do cribado poboacional de cancro de cérvix de Galicia