Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 515 novas da área temática Maiores:

29/09/2025 | 12:37 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta inicia a campaña de vacinación da gripe e da covid-19 nos centros sociosanitarios da comunidade

Entre as novidades da nova campaña destacan a vacinación con doses de alta carga ás persoas maiores de 70 anos, a ampliación da vacina intranasal da gripe aos nenos de ata 11 anos e a posta en marcha dun programa piloto de vacinación escolar

29/09/2025 | 12:02 | C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés comezou a campaña vacinal da gripe e a covid nas residencias e centros de discapacidade

Dirixida a 1.432 usuarios e 344 traballadores de 26 residencias, prevense empregar 2.978 doses de vacinas -1.604 de gripe e 1.374 de Covid- nunha primeira fase da campaña, que continuará nas vindeiras datas no resto de centros programados

29/09/2025 | 10:55 | C. de Sanidade

A delegada da Xunta en Ferrol fai un chamamento á participación na campaña de vacinación fronte á gripe que hoxe arrincou nas residencias de maiores

Martina Aneiros, acompañada da directora de Enfermería da Área Sanitaria de Ferrol, visitaron esta mañá a residencia DomusVi de Narón para comprobar o desenvolvemento da xornada

28/09/2025 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na tradicional Festa dos Avós de Paradela, que suma 30 anos de historia

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, destacou o compromiso do Goberno galego co envellecemento activo

27/09/2025 | 10:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A porcentaxe de persoas maiores de 74 anos que utilizan internet crece máis dun 30% no último ano

Os internautas desta franxa de idade superan, por primeira vez, a barreira das 100.000 persoas

26/09/2025 | 11:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha un proxecto de ‘Lectura Sénior’ na residencia de maiores das Gándaras, en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Biblioteca pública autonómica achegará mensualmente ao centro libros, música, películas e outros recursos culturais seleccionados en base ás preferencias dos usuarios

25/09/2025 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor o labor que desenvolven as entidades sociais na atención e coidado dos maiores

Destacou a importancia deste tipo de encontros, que reúne a unha decena de centros residenciais de Galicia e conta coa asistencia de máis de 160 persoas

24/09/2025 | 18:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avalía a remodelación do local de maiores de Oroso, na que investiu 18.000 euros

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar destacou que a colaboración entre administracións e fundamental para mellorar este tipo de instalacións fundamentais para a veciñanza