Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 554 novas da área temática Enerxía:

04/08/2025 | 16:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Asociación Eólica de Galicia solicitan ao Tribunal Superior de Xustiza que poña fin canto antes á paralización do sector tras a sentenza europea

Celebran que a resolución do Tribunal de Xustiza de Luxemburgo garante ao fin a seguridade xurídica, xa que avala a tramitación ambiental que se fai na Comunidade

04/08/2025 | 15:48 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta permite a tramitación dos dous primeiros parques eólicos que xerarán beneficios sociais e económicos no territorio por importe de máis de 15 M€ tras a aprobación da Lei de recursos naturais

Os parques Greco e Baro subministrarán enerxía a prezo competitivo á planta de produción de silicio metálico do Grupo Ferroatlántica en Sabón (A Coruña)

30/07/2025 | 14:41 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca o investimento da Xunta na “Pulpería Ezequiel” de Melide para a mellora da súa eficiencia enerxética

A delegada informou que na provincia foron beneficiados 45 establecementos por un importe de máis de 3,2 millóns de euros

30/07/2025 | 14:25 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta en Carballeda de Valdeorras o modelo galego de minaría sostible como exemplo de desenvolvemento con futuro

Destaca que a minaría é un motor económico para Galicia, que concentra o 9,5% da produción mineira nacional e lidera o ámbito da pedra natural, cunha presenza destacada nas explotación de lousa ornamental de España

28/07/2025 | 12:44 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros lembra a convocatoria do Moves III para a compra de vehículos eléctricos e infraestruturas de recarga

Esta convocatoria da Consellería de Economía e Industria conta cun orzamento de 19,6 M€ para este ano

21/07/2025 | 19:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina preto de 50.000 euros a novas obras para seguir mellorando a eficiencia enerxética do CEIP da Pontenova

O delegado territorial visitou hoxe o centro para comprobar o avance dos traballos, que se prevén rematar a próxima semana

18/07/2025 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética en infraestruturas deportivas de Vilalba

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, visitaron o pavillón polideportivo municipal para coñecer as actuacións executadas no marco da convocatoria do 2024 do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local cunha achega de case 60.000 euros

11/07/2025 | 16:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a importancia das infraestruturas hidroeléctricas no mix enerxético e destaca o potencial de Galicia neste eido

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou no XI Encontro de Engenheria Civil Norte Portugal-Galicia, onde lembrou que a galega foi a primeira comunidade do Estado que máis electricidade hidráulica xerou nos últimos anos

09/07/2025 | 15:19 | C. de Economía e Industria

Lorenzana exixe ao goberno un compromiso serio coa reindustrialización das zonas de transición xusta e pide dotalas de fondos e liñas de conexión eléctrica

Sostén que os proxectos industriais previstos nas Pontes foron tramitados pola Xunta “coa máxima celeridade” e, aínda así, no ano 2025, non están autorizados nin en operación, entre outros motivos, por cuestións derivadas da falta de subministración