Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 978 novas da área temática Territorio:

19/03/2026 | 10:29 | C. de Política Social e Igualdade

A futura residencia de maiores da Xunta en Ribeira contará con 120 prazas, un 20% máis das inicialmente previstas

Nestes momentos estanse a elaborar as bases técnicas para licitar canto antes a redacción do proxecto de construción

18/03/2026 | 16:23 | Axencia de Turismo de Galicia
18/03/2026 | 15:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Xunta, Policía adscrita de Galicia e Armada colaboran nunha intervención subacuática para localizar pecios históricos no Golfo Ártabro

A actuación céntrase estes primeiros días na enseada de Cariño, onde as investigacións apuntan que podería atoparse un buque da coñecida como ‘Armada Invencible’

16/03/2026 | 16:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta en Bruxelas as iniciativas postas en marcha pola Xunta para converter Galicia nunha comunidade líder en acción climática

Pon en valor a aprobación da Lei do clima, que ademais de dotar de seguridade xurídica á loita contra o cambio climático, contribuirá a que Galicia sexa neutra en emisións en 2040, dez anos antes do obxectivo proposto pola Unión Europea

15/03/2026 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 278.000 euros as obras da humanización e mellora do núcleo de Pazo, no concello de Crecente

Trátase de mellorar o pavimento do viario municipal neste núcleo da parroquia de Santa María de Rebordechán, incluíndo a mellora da capa de rodadura e ensanches nalgunhas zonas

15/03/2026 | 11:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de pesca fluvial comeza en Galicia para case 48.500 afeccionados con licenza vixente

Ángeles Vázquez salienta que os datos apuntan a un aumento dos amantes desta práctica deportiva xa que hai 784 licenzas máis en vigor que en 2025

15/03/2026 | 11:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para a execución dun centro de interpretación da natureza en San Pedro de Narla, en Friol, por un investimento de máis de 190.000 euros

Construirase unha edificación de tipo tradicional, en consonancia coas edificacións existentes no núcleo desta parroquia do municipio lucense

14/03/2026 | 16:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na XXVIII Gala Hípica Galega que recoñece os mellores xinetes e amazonas do 2025

O secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Abad, destaca que as actuacións que se realizarán nas instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA permitirán acoller competicións de primeiro nivel

14/03/2026 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 390.000 euros a reforma do cruzamento de Setados na PO-400, no concello das Neves

Trátase de actuar na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía, punto de acceso principal a esta parroquia do municipio pontevedrés