Actualidade
Buscador de novas
O Instituto de Medicina legal de Galicia tramitou o ano pasado máis de 25.000 pericias médicas, psicolóxicas e sociais
A valoración psiquiátrica forense é a máis numerosa, con case o 60% da demanda xudicial e cun incremento progresivo nos últimos anos
A Xunta impulsa un protocolo para a xestión dos bens intervidos en operativos antidroga que reforce a coordinación entre as entidades implicadas
Os directores xerais de Xustiza e de Emerxencias e Interior reuníronse esta semana con representantes dos distintos colectivos que participan deste labor conxunto
A Xunta aposta pola formación continua para afrontar os novos retos no ámbito do dereito laboral
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración da ‘IV Xornada laboralista’, organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
A Xunta destaca a importancia da visibilización do labor concursal, clave na xeración de estabilidade e confianza
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do ‘XVIII Encontro en Galicia de profesionais do Dereito Concursal’, organizado polo Consello Galego de Economistas co apoio da Xunta
Galicia sitúase á vangarda no desenvolvemento da carreira profesional do persoal de xustiza fronte á inactividade do Goberno central
José Tronchoni lamentou que o Ministerio de Xustiza siga sen negociar nin regular na materia
A Policía Autonómica comisa máis de 28 quilos de ameixa en Ferrol
É o resultado dun operativo contra o furtivismo realizado o 18 de setembro, que se saldou coa tramitación de sete actas de sanción pola Lei de Pesca de Galicia