Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.437 novas da área temática Comercio:

27/05/2026 | 15:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Arranca unha nova edición do Bono Activa Comercio con máis de 2.000 comercios adheridos na provincia de Pontevedra

A cidadanía xa pode descargar un bono desconto de ata 30 euros para utilizar nas tendas adheridas ata o esgotamento do crédito dispoñible ou do orzamento global da convocatoria

27/05/2026 | 15:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Cariño o oficio da elaboración de ‘sanandresiños’ co proxecto Artesanía na Escola

O artesán Jorge Bellón, protagonista da unidade didáctica Eu son artesán de figuras de pan, realizou esta mañá unha demostración da creación destes amuletos típicos de Santo André de Teixido para o alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne

27/05/2026 | 13:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros enxalza a capacidade dos Bonos Activa Comercio para a revitalización dos establecementos de proximidade

A delegada territorial da Xunta en Ferrol informou da nova convocatoria durante a visita a tres comercios adheridos

27/05/2026 | 10:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Val do Dubra os oficios tradicionais da elaboración de zocos e de pandeiretas a través do proxecto Artesanía na Escola

Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse ata o CPI de Bembibre e o CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera, de Portomouro, para facer demostracións da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas

26/05/2026 | 21:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a aposta do Centro Comercial Aberto Ourense Centro por incentivar o consumo local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto de entrega de premios co gallo da campaña do Día da Nai organizada polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro e apoiada polo Goberno galego

26/05/2026 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza mañá unha nova edición dos Bonos Activa Comercio dotada con 2,5 M€ e que incorpora como novidade un sorteo nas redes sociais

José González pon en valor que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da primeira convocatoria de 2026 desta medida, que prevé mobilizar 8,5 M€ en vendas en toda a Comunidade

25/05/2026 | 18:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a remuda xeracional na olería tradicional de Buño a través do seu programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a última sesión do ‘Perfeccionamento en técnicas da olería tradicional de Buño’, impartido por Antonio Pereira O Rulo 

25/05/2026 | 17:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lévalle aos escolares de Cedeira o seu proxecto Artesanía na Escola de divulgación dos oficios tradicionais

O artesán Jorge Bellón, protagonista da unidade didáctica Eu son artesán de figuras de pan, achegouse esta mañá ata o CEIP Nicolás del Río para amosarlle ao alumnado o oficio de elaboración dos amuletos típicos de Santo André de Teixido