Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 554 novas da área temática Enerxía:

05/07/2025 | 13:06 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a aposta da chinesa Sungrow por Galicia converte a comunidade en pioneira en sistemas de almacenamento enerxético

Subliña que Galicia vai ser a primeira en poñer en funcionamento un sistema de almacenamento enerxético con baterías que opera de forma independente, sen estar integrado directamente a unha planta de xeración de enerxía renovable

03/07/2025 | 15:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que a falta de infraestrutura eléctrica está a ser un freo para a descarbonización da industria

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu hoxe na inauguración da xornada Descarbonización e economía circular na industria, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

03/07/2025 | 14:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre unha nova convocatoria do Moves III dotada con preto de 20 M€ para incentivar a compra de vehículos eléctricos

Particulares, comunidades de propietarios, autónomos, empresas e entidades locais poderán solicitar estas axudas ata o 31 de decembro deste ano, tanto para a adquisición dun automóbil, como para a instalación de puntos de recarga

03/07/2025 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo subliña as axudas de preto de 178.000 € da Xunta para actuacións de mellora da eficiencia enerxética en 62 vivendas na provincia de Ourense

O delegado territorial da Xunta lembrou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de lanzar unha nova orde destas achegas cun orzamento global de preto de 2,2 M€, dirixidas a persoas físicas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias das vivendas, e que poden solicitalas antes do 8 de xullo

02/07/2025 | 20:19 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel de Galicia para que Europa avance na transición enerxética cara a neutralidade climática

Salienta que preto do 85% da enerxía eléctrica da comunidade procede de fontes renovables, por riba do obxectivo marcado pola UE para 2030

30/06/2025 | 17:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Asociación Eólica Galega lamentan que o Goberno central perdese outra oportunidade para garantir a seguridade xurídica do sector

Avaliaron a repercusión do Real Decreto para o reforzo do sector eléctrico sobre os proxectos eólicos e coincidiron en indicar que chega tarde e mal

26/06/2025 | 21:39 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta por unha Galicia conectada que conte coas mellores redes e infraestruturas eléctricas e de telecomunicacións

Subliña que as redes de telecomunicacións, ao igual que as de transporte de enerxía, son infraestruturas críticas, polo que volve advertir sobre a necesidade de que o Goberno as reforce para garantir a viabilidade dos proxectos industriais previstos en Galicia

25/06/2025 | 18:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta agarda que o Goberno central descarte recorrer a norma galega que regula a suspensión de prazos para os eólicos xudicializados tras seguir o exemplo de Galicia a nivel estatal

Ángeles Vázquez lembra que o Parlamento galego aprobou hai uns meses un cambio normativo con este mesmo fin e que o Ministerio advertiu entón dun posible recurso

25/06/2025 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a nova sede do Instituto de Física de Altas Enerxías como símbolo do compromiso de Galicia coa ciencia e coa investigación de excelencia

Salienta o traballo feito polo IGFAE durante máis de 20 anos e que lle permite traballar “con centros referentes a nivel europeo e mundial”