Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 554 novas da área temática Enerxía:

24/06/2025 | 13:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable ao proxecto para ampliar o parque eólico de Monciro, nos concellos de Pol e Castroverde

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada

20/06/2025 | 14:12 | C. do Mar

A Xunta inviste 265.000 € na renovación das luminarias do porto de Ribeira con tecnoloxía LED de alta prestación e software de telecontrol

As obras están en execución e permitirán modernizar o alumeado exterior do porto cun aforro enerxético estimado do 60 %

12/06/2025 | 12:51 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta a fortaleza do sistema de xeración eléctrica do Hospital Lucus Augusti, capaz de producir máis do 100 % do seu consumo habitual

Destaca que o Servizo Galego de Saúde activou 138 grupos electróxenos durante o apagamento, o que fixo posible evitar cortes nos centros sanitarios

11/06/2025 | 13:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a axilidade na tramitación das repotenciacións eólicas voluntarias ao autorizalas en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo

Ángeles Vázquez salienta que os nove proxectos aprobados permitirán reducir preto dun 80 % a presenza de aeroxeradores, incrementar un 35 % a produción de enerxía e evitar a emisión de máis de 100.000 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera

11/06/2025 | 12:47 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo anima aos empresarios a solicitar as axudas para reducir a súa factura eléctrica

A delegada da Xunta visitou a empresa Lavamar, beneficiaria no 2023 e 2024 desta orde, o que lle permitiu aforros entre o 30% e o 60% no seu consumo enerxético

10/06/2025 | 15:54 | C. de Economía e Industria

Lorenzana sinala que o Goberno “chega tarde” para aprobar a nova planificación da rede de transporte eléctrico porque están en xogo miles de postos de traballo

Apunta que neste momento hai en Galicia dez proxectos industriais en distintas fases de tramitación, algúns xa autorizados, pendentes exclusivamente de que se reforce a rede de transporte eléctrico e detrás dos cales “hai miles de postos de traballo”.  “Son 1.200 MW que non están atendidos na planificación actual nin na súa modificación”, remarca

10/06/2025 | 11:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda enxalza a folla de ruta da Xunta cara unha Galicia máis industrial, sustentable e con acceso á vivenda

Salienta a aposta do Goberno autonómico porque Galicia “siga medrando” e “non perda oportunidades”