Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.430 novas da área temática Administración pública:

01/06/2026 | 17:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía as propostas da Deputación Provincial da Coruña para avanzar na reforma da Lei de Administración Local de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aborda con representantes do ente provincial as achegas realizadas ao anteproxecto

29/05/2026 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo e a alcaldesa de Boimorto destacan os apoios da Xunta neste concello para a contratación de socorristas e de desempregados para tarefas de prevención de incendios

A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre ambas administracións para dar resposta ás demandas dos veciños de Boimorto e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio

29/05/2026 | 10:35 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca un concurso de traslados para as escalas de informática que fará de proxecto piloto para o novo modelo de concurso aberto e permanente

Permitirá testar a nova ferramenta informática deseñada para este fin, e, en función dos resultados obtidos, introducir os axustes técnicos necesarios antes da implantación xeral do modelo

28/05/2026 | 16:35 | C. do Mar

Galicia recoñece unha nova OPP e lidera o número de organizacións de produtores pesqueiros en España

Co recente recoñecemento de Amescruz, Sociedade Cooperativa Galega (OPP-99), a comunidade conta con dez OPPs autonómicas, o que supón o 33 % das existentes no conxunto do Estado

26/05/2026 | 18:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza no proceso de escoita e diálogo sobre a reforma da Lei de Administración Local de Galicia cunha reunión coa Deputación provincial de Ourense

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou neste encontro xunto co presidente da deputación ourensá, Luis Menor, e representantes do organismo provincial para abordar as súas achegas ao anteproxecto

26/05/2026 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez recibe un recoñecemento póstumo polo seu compromiso co emprego público inclusivo

O acto tivo lugar no marco da xornada Construíndo Emprego, organizada por Fademga, que pon en valor o acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual

22/05/2026 | 20:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta participa na entrega dos Premios Ártabros a organismos, entidades e persoas destacadas na área de Ferrolterra

O acto celebra o décimo quinto aniversario do xornal Galicia Ártabra, que entregou 15 galardóns para conmemorar a efeméride

22/05/2026 | 16:50 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta terá publicadas a vindeira semana as convocatorias de 12 procesos selectivos con máis de 600 prazas ofertadas

Trátase dun avance dos 41 procesos que se convocarán en 2026, cun total de 2.039 prazas