Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 436 novas da área temática Emigración:

20/12/2024 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor os máis de 800 proxectos de éxito apoiados ao abeiro do Programa Retorno Emprendedor para seguir impulsando o tecido empresarial galego

O titular de Emprego salienta as oportunidades que ofrece o talento retornado para consolidar Galicia como un referente estatal e europeo no eido do emprendemento vinculado ao territorio, avalado xa co galardón a Rexión Emprendedora Europea 2025

19/12/2024 | 10:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía en case un 70 % o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar preto de 1.200 familias retornadas este ano

16/12/2024 | 20:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza os 40 anos de traxectoria e o labor do Club de Periodistas Galegos en Madrid na difusión e preservación da cultura galega

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participa no acto conmemorativo do 40 aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid no que se entregan os Premios Galegos

14/12/2024 | 16:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral da Emigración fortalece os lazos coa comunidade galega de Madrid cunha xuntanza de Nadal en Alcobendas

Fundada en 1989, a Xuntanza de Galegos en Alcobendas promove a cultura galega e serve de punto de encontro para a comunidade galega na localidade, converténdose nun referente cultural e social en Madrid

13/12/2024 | 18:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda lamenta a falta de vontade do Goberno para chegar a acordos en materias clave como o financiamento, a vivenda, a inmigración e a sanidade

Insiste en que é “inaprazable” abordar o modelo de financiamento autonómico no Consello de Política Fiscal e Financeira

13/12/2024 | 12:10 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca que Galicia acadou nos últimos dous anos un saldo migratorio positivo de 53.000 persoas

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica presentou hoxe o seu informe anual, centrado na mobilidade e os movementos migratorios.

12/12/2024 | 14:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Preto de 8.500 persoas retornan a Galicia marcando un novo récord na serie histórica

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o saldo migratorio positivo de Galicia alcanza novamente cifras históricas en 2023, con 25.738 persoas

12/12/2024 | 12:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor no Parlamento o programa de arraigamento para a formación que prevé beneficiar 180 migrantes en situación irregular na súa 2ª edición

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, respondeu hoxe na comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento unha pregunta sobre esta iniciativa

09/12/2024 | 11:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta procurará o retorno de 200 galegos do exterior investindo 2,3 M€ no programa Retorna Cualifica Emprego con axudas para o acceso á vivenda

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da segunda edición deste programa, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna