Actualidade
Buscador de novas
Rueda resalta o labor de profesionais das emerxencias, da sanidade e da seguridade que permitiron que Galicia superase o apagamento sen incidencias graves
Uns 300 axentes da Policía Autonómica, 700 membros das brigadas forestais e máis de 230 agrupacións de voluntarios de protección civil foron mobilizados na comunidade
A Xunta adxudica por 22,4 M€ a construción e a xestión da primeira planta pública de clasificación de residuos téxtiles de Galicia
A nova instalación, que ocupará unha superficie de 8.000 m2 no complexo medioambiental de Cerceda e terá capacidade para tratar 3.000 toneladas anuais, ampliable ata as 24.000, prevese que estea finalizada no segundo trimestre de 2026
Ana Méndez entrega o certificado de Galicia Calidade a BandePellet pola excelencia na produción de biomasa
A xerente da marca de garantía da Xunta de Galicia puxo en valor o labor desta empresa ourensá na fabricación de pellets de madeira 100% de piñeiro, sen aditivos e cun forte compromiso social e ambiental
Galicia encamiña a recuperación da normalidade nunha xornada na que os servizos públicos funcionaron sen incidencias de peso
A Xunta manifesta o seu interese de regresar ao nivel 2 de emerxencia e recuperar o control da coordinación
Lorenzana destaca que Galicia xeraría a enerxía equivalente a 70 parques eólicos coa repotenciación e o reforzo da rede de transporte eléctrico
Asegura que se reduciría o número de aeroxeradores instalados en Galicia ata nun 68 % xerando ata un 125 % máis de enerxía sen necesidade de novos trazados de liñas de evacuación
A Xunta publica axudas para a eficiencia enerxética dos fogares e unha liña de achegas para a promoción de vivendas en alugueiro e venda
As achegas para a mellora da eficiencia enerxética supoñen un orzamento global que rolda os 2,2M€
Rueda reclama ao Goberno reforzar as redes de transporte que, coa repotenciación, permitirían aumentar a xeración de enerxía ata un 124 %
Asegura que “o futuro pasa polas enerxías verdes” e que mellorar estas infraestruturas é clave para “continuar co proceso de descarbonización”
A Xunta resalta o compromiso do sector dos áridos en Galicia coa sustentabilidade, a xeración de riqueza e emprego e a dinamización do rural
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na Asemblea Xeral da Asociación Galega de Áridos (Arigal)
A Xunta somete a información pública o proxecto para a construción dunha planta de hidróxeno verde promovida por Accionaplug en Arteixo
Cun investimento de 49,3 millóns de euros e a previsión de crear 25 empregos directos na fase de operacións, Arteixo H2V ocupará seis parcelas do Parque de Actividades Económicas de Arteixo (ACTECA), no polígono de Morás
A Xunta anima ao tecido empresarial a participar na descarbonización da economía galega a través do sistema de certificado de aforro enerxético
Subliña o crecemento exponencial do número de solicitudes no que levamos de ano ata alcanzar a cifra de 93, cun aforro enerxético de 470 GWh