Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 830 novas da área temática Industria:

12/09/2025 | 14:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a Xunta traballa xa na licitación do proxecto de expropiación de Toedo para iniciar as obras de ampliación do polígono no ano 2027

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o instrumento de ordenación deste parque empresarial que permitirá ampliar a súa superficie en preto de 157.000 m² cun investimento superior aos 13 millóns de euros

11/09/2025 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue destaca a importancia do pulo ás técnicas industrializadas, que sitúa a empresas como arraigo na vangarda da innovación empresarial no sector residencial galego

Esta visita enmárcase na aposta da Xunta pola aplicación das técnicas industrializadas como eixo crave para a innovación, a sostibilidade, a dixitalización, a trazabilidade no sector e como vía para aliviar a falta de man de obra especializada

10/09/2025 | 11:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta alerta do risco dunha parálise no sector da automoción e reclama a Europa pragmatismo para afrontar a transición cara o vehículo eléctrico

Solicita un enfoque integral sobre as emisións de CO2 para impulsar a renovación do parque automobilístico e evitar a deslocalización da cadea de valor

05/09/2025 | 20:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por impulsar o uso da madeira na construción para avanzar no camiño da descarbonización

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da Rectoral de Rabeda en Taboadela (Ourense)

05/09/2025 | 14:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reafirma o apoio da Xunta ao sector da automoción no seu tránsito cara a modernización e a sustentabilidade

O Goberno galego destina máis de 230 millóns de euros á industria do automóbil no período 2024-2027

05/09/2025 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor as altas capacidades das empresas galegas para participar en proxectos europeos de seguridade, defensa e aeroespazo e captar investimentos neste sector

 A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, inaugurou a xornada Cooperación estratéxica para un Ceo Europeo Dixital promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Empresa Común SESAR no marco da nova Iniciativa de Seguridade, Defensa e Aeroespazo

31/08/2025 | 14:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga autorización ambiental integrada ao proxecto para incorporar unha planta de fundición ás instalacións de Aluminios Cortizo en Coirós

Con esta resolución dáse por completada a tramitación ambiental da iniciativa por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

28/08/2025 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa unha nova convocatoria de axudas para mellorar o coñecemento e a competitividade dos profesionais galegos da industria forestal-madeira

O Goberno galego destina 500.000 euros a esta iniciativa que se vén convocando anualmente desde 2018 e da que no ano 2024 se beneficiaron máis de 1.500 profesionais do sector

22/08/2025 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na tramitación do novo plan sectorial eólico coa proposta de adxudicación á UTE Arenal - Territoria - Atalaya Eólico Galicia

Galicia poderá contar cun novo plan no prazo de tres anos e tras máis de 20 de vixencia do actual para facer fronte aos retos xurídicos que ten o sector