Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 291 novas da área temática Audiovisual:

04/04/2026 | 11:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece unha xornada formativa profesional sobre mercados internacionais do sector audiovisual

O Museo das peregrinacións e de Santiago acolle o 14 de abril esta cita, organizada a través da Asociación Galega de Produtoras Independentes

01/04/2026 | 12:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta mobiliza 8 M€ neste 2026 para seguir fortalecendo o audiovisual como sector estratéxico

Destaca o aumento significativo na dotación para o desenvolvemento de proxectos galegos que, cunha nova categoría, chega a 1,2 M€

29/03/2026 | 09:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 80.000 euros á promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica as bases destas subvencións para 2026, que consolidan a dotación incrementada o pasado ano para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos

21/03/2026 | 10:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra co sector a calidade do noso audiovisual na gala de entrega dos XXIV Premios Mestre Mateo

Trisha Fernández e Federico Pérez conducirán a cita na que se desvelarán os proxectos e profesionais gañadores en 25 categorías, moitos deles realizados coas subvencións do Goberno galego

15/03/2026 | 10:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos comparte en Hollywood co equipo de ‘Sirat’ o feito histórico da competición do audiovisual galego nos Premios Óscar

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude acompaña a Oliver Laxe na cerimonia de entrega dos galardóns que se celebra hoxe no Dolby Theatre

05/03/2026 | 13:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Isabel Vázquez destaca “a importancia de tecer redes” para levar proxectos do Gaiás a outros espazos

A exposición, organizada pola Xunta de Galicia e Afundación, recolle medio cento de instantáneas que un dos grandes documentalistas da Europa do século XX fixo durante as súas viaxes á Comunidade

04/03/2026 | 12:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove o coñecemento etnográfico desde o audiovisual mediante a mostra organizada polo Museo do Pobo Galego

A sección competitiva ‘Galicia’ proxectará obras de Bea Lema, Sabrina Fernández Casas, Berio Molina, Daniel Pérez Silva e Diana Toucedo

27/02/2026 | 18:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa o gusto polo audiovisual desde a infancia coa décima edición de ‘Pequefilmes’

Anxo M. Lorenzo sinala a importancia de “espertar o interese polo cinema e a creación desde idades temperás”