Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 715 novas da área temática Exterior:

24/09/2026 | 17:23 | C. do Mar

Galicia valora a proposta da Comisión Europea para simplificar o FEMPA e insiste en reclamar a revisión da Política Pesqueira Común

A proposta, que agora deberán estudar o Consello da UE e a Eurocámara, recolle prioridades estratéxicas impulsadas pola comunidade xunto ás rexións periféricas marítimas, como a desburocratización, a renovación da frota e a remuda xeracional

24/09/2026 | 17:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta abre a inscrición para a 25ª edición de TecEuropa

Organizado pola Fundación Galicia Europa, o curso celebrarase de maneira presencial en Bruxelas do 17 ao 19 de novembro

21/09/2026 | 18:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reúnese cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para avaliar os seus proxectos en Galicia e estudar vías de colaboración futura

Sitúa á comunidade como un territorio atractivo para investir, grazas á vantaxes como a estabilidade institucional e o apoio da Administración aos proxectos estratéxicos

20/09/2026 | 10:07 | C. do Mar

A Xunta esíxeslle ao Goberno central que presione en Bruxelas para renovar o acordo pesqueiro con Mauritania

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, traslada por carta a Luis Planas a preocupación do sector polo bloqueo negociador a dous meses de que expire o protocolo con maior peso económico da UE

15/09/2026 | 17:05 | C. do Mar

Villaverde defenderá ante o Goberno central unha PPC que permita renovar a frota e garanta un financiamento pesqueiro xusto para o sector

A Xunta apoia a referencia de, cando menos, 7.290 M€ para pesca e acuicultura no marco financeiro 2028-2034 e reclama que estes recursos sexan visibles, plurianuais e non poidan desviarse cara a outras políticas

11/09/2026 | 15:54 | C. do Mar

Villaverde apela á unidade do sector para que Bruxelas escoite a Galicia e garanta un fondo pesqueiro específico e suficiente

A titular de Mar reclama unha asignación de, como mínimo, 7.290 M€ para a pesca e a acuicultura no próximo marco financeiro comunitario 2028-2034, coa aspiración de incrementar esta cifra

09/09/2026 | 18:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia defende unha transición sostible para as persoas ucraínas desprazadas e reivindica o papel das rexións

En relación á situación de Ceuta, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, pide ao Comité Europeo das Rexións apoio e unidade

06/09/2026 | 10:36 | C. do Mar

Galicia reclama á Comisión Europea que o esforzo da frota pola sostibilidade se traduza en estabilidade de cotas e seguridade xurídica para 2027

A Consellería do Mar remitiu as súas achegas á consulta pública lanzada por Bruxelas sobre a pesca sustentable na UE demandando que o Golfo de Biscaia e as augas ibéricas sexan recoñecidos como modelo de referencia en xestión responsable