Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Auga:

02/12/2025 | 12:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina case 2,4 M€ a implantar unha nova rede de calidade das augas na demarcación Galicia-Costa

Ángeles Vázquez explica que os traballos, cun prazo de execución de oito meses, permitirán que o próximo verán esta conca hidrográfica poida dispoñer dun sistema con capacidade para medir en tempo real varios parámetros e xerar alertas

29/11/2025 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia mantivo durante o ano 2024 unha boa calidade do aire en zonas urbanas, rurais e industriais

O informe anual elaborado por MeteoGalicia conclúe que ningunha das estacións da Comunidade superou os valores límite para a protección da saúde humana e apunta tamén a unha lixeira mellora nos resultados con respecto ao ano anterior

29/11/2025 | 11:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica a construción da nova estación depuradora de augas residuais de Barro por un importe de preto de 3 M€

Esta nova infraestrutura dará servizo a unha poboación equivalente de 2.631 habitantes con horizonte no ano 2044

28/11/2025 | 14:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 5 M€ a primeira parte das obras de mellora da rede de saneamento e depuración de auga no rural de Ferrol

As actuacións, que teñen un prazo de execución de 24 meses, buscan mellorar a rede de tratamento de augas residuais para poder dar servizo a distintos núcleos das parroquias de Brión, Covas, Doniños, Esmelle, A Cabana e A Graña

28/11/2025 | 12:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en 5 km dos ríos Miñor e Zamáns, no Concello de Gondomar

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 11 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

25/11/2025 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 18 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación no río de Pastoriza, na Coruña

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

24/11/2025 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por case 3,3 M€ as obras para optimizar a rede de saneamento do concello de Poio

As actuacións encargadas inclúen a execución dun depósito de retención de auga e a renovación ou adecuación das infraestruturas de bombeo existentes na contorna

21/11/2025 | 15:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade; C. do Medio Rural

A Xunta desactiva a prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas de Costa de Pontevedra e dos ríos Verdugo, Lérez, Grande e Anllóns

Acórdase tamén desactivar as medidas equivalentes a un escenario de alerta no subsistema de Baiona

21/11/2025 | 13:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 3,7 quilómetros de dous ríos no concello de Neda

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de catro semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

18/11/2025 | 13:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estuda a retirada da barreira artificial da lagoa da Frouxeira de cara a facilitar o fluxo natural da auga e evitar inundacións

Ángeles Vázquez explica que a previsión é que antes de que remate este ano estea listo o estudio que avaliará as repercusións que tería na lagoa a retirada das pedras instaladas a modo de dique artificial