Actualidade
Buscador de novas
A selección española de fútbol sub-21 xogará en Lugo un partido de clasificación para o europeo co apoio da Xunta
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación deste evento internacional, que se disputará o venres 14, a partir as 20,45 horas, no estadio Anxo Carro
A Conta Satélite do Deporte informa dun crecemento do 12% no valor engadido xerado polo sector en 2023 en Galicia
En termos de emprego, o sector deportivo é responsable directo de 17.248 postos de traballo, que representan o 1,5% do total do emprego da economía galega
A Xunta impulsa novas infraestruturas deportivas en Cedeira cunha achega de case 345.000€ a través da liña de apoio a proxectos estratéxicos
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións do club de natación da vila, onde adestran deportistas locais como o triatleta Damián Suárez, ao que felicitou polos logros no Mundial de Ácuatlon 2025
A Xunta pón en valor o labor investigador do CIF de Lourizán na mellora da sáude das masas forestais de Galicia
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada técnico-científica sobre a xestión integrada de enfermidades e pragas nas coníferas, no marco do programa de actividades de Piñeiros 2025
O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.712
Entre os novos recoñecidos destaca o nomeamento de Rodrigo Germade como deportista galego de alto nivel vitalicio uníndose a unha lista que conta xa con 13 nomes
Valentín García destaca a importancia do deporte no impulso da lingua “entre a mocidade”
O secretario xeral da Lingua e o delegado da Xunta en Lugo manteñen un encontro con entidades deportivas da provincia para abordar o fomento do galego neste eido