Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 525 novas da área temática Enerxía:

27/03/2025 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que o almacenamento é clave para garantir a viabilidade dos proxectos de enerxías renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu á VI edición do Renmad Almacenamento 2025

25/03/2025 | 18:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pide o apoio da cámara para cambiar a Lei de Industria, que “ignora” a Galicia na planificación enerxética e pon en risco proxectos estratéxicos

Sinala que o texto non garante que os proxectos industriais teñan a interconexión eléctrica necesaria e considéraa “outro intento de recentralización sen recoñecer as competencias autonómicas”

25/03/2025 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros anima aos concellos a solicitar as axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local para melloras da eficiencia enerxética

Esta orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes está destinada a municipios de ata 15.000 habitantes e conta cun orzamento de 5 M€

22/03/2025 | 15:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana sinala a necesidade de que Galicia conte cunha sólida rede de puntos de recarga para vehículos eléctricos

Apunta que en tres meses estará operativo na páxina web da Consellería de Economía e Industria un visor que funcionará como un mapa interactivo onde facer consultas en tempo real sobre a localización destas instalacións na Comunidade

22/03/2025 | 13:54 | C. de Economía e Industria

Lorenzana celebra a sentenza do Tribunal Supremo e di que canto máis enerxía eólica se desenvolva máis posibilidades haberá de abaratar a factura eléctrica

O fallo do Supremo “confirma a adecuada tramitación das autorizacións dos parques eólicos por parte da Xunta de Galicia”, di, e “supón unha boa noticia para parques coma este, que teñen perspectivas de crecemento suspendidas e xudicializadas”

21/03/2025 | 16:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta congratúlase de que o supremo avale a correcta tramitación do parque de Campelo, que abre a porta a levantar a paralización polo TSXG de 64 parques eólicos

A sentenza do Alto tribunal español resolve que o Executivo galego realizou unha tramitación ambiental conforme a dereito na autorización deste parque e rexeita que recorrese ao fraccionamento, en contra do que defendía un fallo do TSXG

19/03/2025 | 15:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con 2,4 M€ a modernización e mellora da competitividade das principais cadeas de valor do sector mineiro galego

Fernández Vila lembra que a galega é a segunda comunidade en canto a emprego mineiro e a cuarta en canto a valor de produción co 9´5 %, ademais de continuar líder nacional en fabricación de pedra natural

18/03/2025 | 15:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta aspira a ser un referente na xeración e na loxística industrial da eólica mariña

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou o proxecto Eolmed na localidade francesa de Port-la-Nouvelle

18/03/2025 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol Os Medos na Pobra do Brollón cunha achega superior aos 51.000 €

A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para coñecer as actuacións executadas no marco das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local