Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 278 novas da área temática Inclusión:

25/10/2025 | 12:25 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte
25/10/2025 | 11:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reafirma o seu compromiso coa participación das persoas con síndrome de Down en todos os ámbitos da sociedade

O delegado territorial, Javier Arias, interviu en Ribadeo no foro ‘Tan iguais coma diferentes’, onde destacou que o Goberno galego traballa da man das entidades como Down Galicia para promover a inclusión e a igualdade de oportunidades

24/10/2025 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e Igualdade contará en 2026 cun orzamento histórico de 1.391 M€, que permitirá superar as 100.000 persoas dependentes atendidas

A Consellería sitúase como o departamento da Xunta que máis medra, cunha suba do 5%, o que permitirá reforzar as políticas de atención á dependencia, discapacidade, familia, inclusión e loita contra a violencia de xénero

23/10/2025 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta denuncia que as axudas do Goberno central para persoas con ELA só chegaran ao 5% dos doentes e que os obrigará a someterse a unha nova valoración

O Goberno galego considera que o acceso ao novo grao III+ “será extremadamente complexo”, xa que moitos dos enfermos falecen antes de cumprir os novos requisitos que se esixirán aos que estean en fases máis avanzadas

23/10/2025 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a mellora do centro de día de Outes, que forma parte da rede pública autonómica

Invístense preto de 20.000 euros nesta actuación, centrada na impermeabilización das fachadas e terrazas do equipamento

22/10/2025 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comprométese a asumir en solitario a suba dos convenios colectivos da discapacidade

Fabiola García lembrou que nos últimos anos se crearon novas prazas públicas para a atención das persoas con discapacidade ata acadar as máis de 5.900

21/10/2025 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade
20/10/2025 | 12:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a nova tenda Arroupa de Cáritas en Vilagarcía de Arousa como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na inauguración do establecemento, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio do Goberno galego para garantir a súa actividade